Pregos de cláusulas administrativas e de condicións técnicas para a contratación do servizo de axuda no fogar 2011

PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR. “1.- Obxecto do contrato.- Comprende esta contrata a prestación do servizo de atención domiciliaria daquelas persoas e/ou  familias que teñan limitada a súa autonomía persoal ou que estean en situación de desestructuración familiar, facilitando a permanencia no seu propio contorno de convivencia, favorecendo a súa calidade de vida e evitando ou atrasando a súa posible institucionalizaciónEste servizo, que se prestaría baixo a dirección, supervisión e control do Concello de Touro a través do Departamento de servizos sociais comunitarios, ten como obxectivo xeral, mellorar a calidade de vida das persoas ou familias obxecto do programa, facilitándolle a autonomía persoal e a integración no medio habitual de vida, fomentando a convivencia e a participación na vida comunitaria, evitando o illamento.O Servizo de axuda no fogar ten a consideración de prestación básica de servizos sociais comunitarios insertado no sistema integrado de servizos sociais, con planificación, coordinación e control público, que a través de persoal cualificado e supervisado presta un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar, facilitando a permanencia no seu propio entorno de convivencia, favorecendo a súa calidade de vida e evitando ou atrasando a súa posible institucionalización.2. O Servizo de axuda no fogar poderá incluír intervencións de carácter persoal, doméstico, socio-educativo e preventivo, conforme a valoración técnica realizada polos servizos sociais de atención primaria.2. Prestacións-As atencións terán un carácter complementario e non substitutorio das capacidades do usuario e doutras persoas do seu contorno inmediato de maneira que se facilite e promova a súa autonomía. Poderán prestarse os seguintes tipos de atencións:a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:- Asistencia para levantarse e deitarse.- Apoio para o aseo persoal, así como para vestirse.- Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.- Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos- Apoios para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.- Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.b) Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como:- Acompañamentos fora do fogar para acudir a consultas ou tratamentos.- Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes.No caso de precisar algunha destas atencións, o medio de transporte será facilitado polo usuario do servizo.c) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:- Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.- Facilitar a compra de alimentos, e outros productos de uso común, que será sempre acordada a organización copersoal técnico encargado da supervisión do servizo.- Preparación de alimentos cando non exista servizo complementario de xantar ou por valoración dos técnicos responsablesdo seguimento, poderá incluír á preparación de comidas.- Lavado e coidado das prendas de vestir.- Coidados básicos da vivenda.d) Atencións de carácter psicosocial e educativo:Intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ó desenvolvemento das capacidades persoais, a afectividade, a convivencia e a integración na comunidade así como á mellora da estructuración familiar.e) Atencións de carácter complementario:- Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.- Prestación de teleasistencia.- Adaptacións funcionais no fogar.- Servizo de podoloxía.- Servizo de fisioterapia.Estes servizos prestaranse, opcionalmente, de contar o concello co financiamento suficiente para o seu desenvolvemento.En todo caso as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:- A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención.- Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.2-1.- En todo caso, todas aquelas recollidas na Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo da Axuda no Fogar na Comunidade Autónoma de Galicia e demais lexislación ao respecto. 3.- Lugar de prestación do servizo.- O servizo prestarase na casa dos beneficiarios, nas horas e días estipulados, nas actividades reflectidas nos puntos a, c, d, e  e fóra do domicilio as referentes aos apartados b e d, se procede, no termo municipal de Touro.4.- Perfil das auxiliares de axuda no fogar.- As traballadoras posuirán a titulación requirida para a atención ás persoas obxecto do Programa, que se acreditará coa certificación correspondente.5.- Subrogación do persoal.- A empresa adxudicataria deberá subrogar o persoal que na actualidade ven prestando servizos coa empresa Coesco Deza SL (Socyser), actual adxudicataria do servizo.A información sobre as condicións e número de persoal facilitarase ás empresas interesadas pola empresa Coesco Deza SL (Socyser).6.- Uniformidade.- O persoal da empresa adxudicataria prestará o servizo no Concello de  Touro debidamente uniformado. Na parte superior esquerda do uniforme, á altura do peito, deberá constar o escudo de Touro coas cores orixinais e a lenda “Servizo de axuda no fogar. Concello de Touro” nun tamaño adecuado para ser lido sen dificultades a dous metros.7.- Beneficiarios.-  O Servizo de axuda no fogar está dirixido a toda a poboación do Concello de Touro, pero atenderanse con carácter prioritario ás persoas en situación de dependencia e ás que polas súas circunstancias físicas ou psíquicas teñan limitada a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, sempre e cando este supoña un recurso idóneo segundo a valoración dos profesionais dos servizos sociais comunitarios.Non poderán ser usuarios deste servizo as persoas que poidan beneficiarse dun servizo similar por parte doutra entidade  e as que presenten un estado de deterioro físico ou psicolóxico tal que provoque unha valoración técnica de asistencia  en centro residencial ou equipamento especializado, mais acorde coas súas necesidades de atención específica.Darase prioridade no acceso ó servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia segundo grao e nivel.8.- Organización e control. O Concello comunicará por escrito a entidade adxudicataria, a través do Departamento de Servizos Sociais:a) As persoas que serán beneficiarias do servizo (altas e baixas) e o número de horas, horario e tipo de prestación.b) As modificacións que sexa preciso introducir en cada caso.Correspóndelle ao Concello, a través do Departamento de servizos sociais, o control e a inspección facultativa do servizo obxecto deste contrato. A prestación contratada será remunerada segundo o importe previsto, sempre que os servizos  se realicen de forma satisfactoria.9. Relación. A relación adxudicatario-concello canalizarase a través do Departamento de servizos sociais. A empresa nomeará a un único interlocutor co Concello que será o encargado de canalizar toda a información necesaria para a organización do servizo. Así mesmo, o traballador social da empresa adxudicataria deberá presentar un informe bimensual do seguimento e incidencias de cada unha das persoas beneficiarias da prestación.10.- Horario. De 8 a 22 horas tódolos días do ano.11.- Funcionamento e coordinación. Dadas as características da poboación beneficiaria, e indispensable que o servizo se preste nun clima de confianza e seriedade, que vai mais alá da mera execución mecánica da prestación. É preciso que a relación concello-entidade sexa fluída e con continuidade:1.      A entidade adxudicataria designará a unha persoa que será a encargada de recibir ordenes da prestación e todo tipo de indicacións sobre o desenvolvemento da prestación requirida polos Servizo social municipal.2.      O persoal da entidade adxudicataria que realice funcións directamente de prestación, recibirá ordenes oportunas dos órganos de dirección da súa entidade, nunca directamente do persoal municipal.3.      A entidade adxudicataria comunicará, a maior brevidade posible, calquera incidencia grave producida no desenvolvemento da prestación do servizo a fin de que se tomen as medidas necesarias e oportunas en cada caso.12.- Carácter administrativo do contrato.a)      O contrato que regula as presentes cláusulas ten natureza administrativa, e como tal, as cuestións que se poidan presentar dilucidaranse nesta vía. Unha vez esgotada procederase ante a Xurisdicción Contencioso Administrativa., no seu caso.b)      No non previsto nas presentes cláusulas estarase ao disposto nas disposicións en vigor.” Touro, 9 de marzo de 2011.O ALCALDE,                        O SECRETARIO, 


PREGO DE CLÁUSULAS POLO QUE SE REXERÁ A ADXUDICACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR. “1.- Obxecto do contratoO presente contrato ten por obxecto a prestación dos servizos cuxa descrición, características e especificacións se establecen nas prescricións técnicas.2.- Presuposto máximo de licitaciónO presuposto máximo de licitación é o de 12,50 euros por cada hora de servizos prestados, máis o correspondente IVE. Na contratación destes servizos entenderase que os contratistas, ao formular as súas propostas económicas, incluíron dentro destas o importe sobre o valor engadido, sen prexuízo de que o importe deste imposto se indique como partida independente, de conformidade co art. 75.2 da Lei 30/2007, do 30 de outubro,  de contratos do sector público (en adiante LCSP,) e modelo de oferta económica do presente prego (ANEXO I).3.- FinanciamentoAs obrigas derivadas deste contrato serán efectuadas con cargo ás aplicacións: 233.227.99, para o servizo de axuda no fogar a dependentes, e 231.227.99, para o servizo de axuda no fogar,  do vixente presuposto municipal, do que se acredita a existencia suficiente de créditos para facer fronte á contratación..4.- Revisión de prezos.Os prezos de contratación dos servizos comprendidos neste contrato só poderán ser obxecto de revisión como consecuencia das prórrogas ás que poida haber lugar e unicamente por un importe correspondente ao 85% do IPC anual de acordo co establecido no art.78.3 da LCSP. O número máximo de prórrogas que se poidan realizar é de dúas.5.- Forma e procedemento de adxudicaciónO contrato adxudicarase mediante procedemento aberto con varios criterios de adxudicación, non estando sometido a regulación harmonizada segundo o establece o artigo 16.1 por estar comprendido o contrato na categoría 25 do Anexo II da LCSP.6.- Consulta de pregos e obtención de copiasOs interesados poderán consultar os pregos e obter copias destes no departamento de Servizos Sociais do Concello de Touro ou no perfil do contratante da web www.concellodetouro.com .7.- Capacidade para contratar7.1.- Poderán concorrer por si ou por medio de representantes as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade de obrar non se encontren comprendidas nalgunhas das circunstancias que enumera o artigo 43 e 49 da LCSP, e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica.7.2.- Unións de empresas: se varios empresarios acoden á licitación como unha unión temporal, cada un deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, acompañando todos os documentos a que se refire a cláusula 9 do presente prego, indicando a porcentaxe da cada un deles, así como a designación dun representante ou apoderado único da unión, con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar as empresas para cobros e pagos de contías importantes.Para a presentación de ofertas por parte da unión de empresarios non se esixe  a formalización da unión en escritura pública. Non obstante, no caso de resultar adxudicataria, deberá de formalizarse a unión de empresarios en escritura pública dentro do prazo máximo de 15 días a contar dende a notificación da adxudicación do contrato.7.3.- Non se esixe clasificación do contratista.8.-Anuncio e perfil do contratante8.1. O procedemento aberto ao que se refire este prego anunciarase no perfil do contratante e no Boletín Oficial da Provincia.8.2. Perfil de contratante: co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á actividade contractual, os interesados poderán consultar a información referente ás licitacións abertas a través de internet na dirección www.concellodetouro.com e de conformidade co disposto nos artigos 42, 37, 125, 126, 135, 138, 175, 176, 181 e 309 da LCSP.9.-Proposicións: Lugar e prazo de presentación9.A).- Contratos non suxeitos á regulación harmonizada (Art. 15 LCSP).As proposicións para poder tomar parte na licitación presentaranse no rexistro xeral do Concello de Touro dentro do prazo dos 15 días naturais a contar do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (o anuncio tamén se publicará  no perfil do contratante (Art. 143.2 LCSP)), de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, e en 3 sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación e requisitos esixidos nos pregos de cláusulas administrativas e técnicas.No suposto de que as proposicións se envíen por outro medio dos sinalados no antigo 38 da Lei de RXAP-PAC o licitador deberá xustificar, co  recibo correspondente, a data de imposición do envío, e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex, fax (981504110) ou telegrama no mesmo día. Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data da terminación do prazo sinalado no anuncio.A presentación das proposicións presume a aceptación incondicional polo empresario do contido da totalidade destas cláusulas sen ningunha excepción.10.- Proposicións: Documentación10.1).- Sobre A :  “Documentación”.No anverso do sobre figurará a mención “ documentación para a contratación do Servizo de axuda no fogar de Touro, presentada por…(nome ou denominación social, domicilio, teléfono e fax)”.Conterá a seguinte documentación:A.- Documento acreditativo da personalidade xurídica do empresario.A.1) empresario individual: fotocopia do NIF., pasaporte ou documento que o substitúa.A.2) persoas xurídicas:  escritura de constitución ou modificación no seu caso, inscrita no rexistro  mercantil, cando este requisito sexa esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable.Se non o é : escritura ou documento de constitución, de modificación no seu caso, estatutos ou acto fundacional, no que conste as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso no correspondente rexistro  oficial.- Fotocopia da tarxeta do código de identificación fiscal ( CIF), debidamente compulsada.A.3) Empresas comunitarias.A capacidade de obrar das empresas non españolas de estados membros da Unión Europea acreditarase mediante a inscrición no rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde estean establecidos ou mediante a presentación dunha declaración xurada ou certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación.A.4) Empresas non españolas de estados signatarios do Acordo sobre o espazo económico europeo ( Islandia,Liechtenstein e Noruega )A capacidade de obrar destas empresas acreditarase mediante a inscrición no rexistro procedente de acordo coa lexislación do estado onde estean establecidos ou mediante a presentación dunha declaración  xurada ou certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación ( disposición adicional 17 LCSP).A.5) Empresas non comunitarias.1.- Os empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da misión diplomática permanente de España no estado correspondente ou da oficina consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa.2.- Informe de reciprocidade: as persoas físicas ou xurídicas de estados non pertencentes á Unión europea deberán xustificar mediante informe expedido pola misión diplomática permanente española, na que se faga constar que o estado de procedencia da empresa admite á vez a participación de empresas españolas na contratación coa administración en forma substancialmente análoga.Nos contratos suxeitos á regulación harmonizada prescindirase do informe sobre reciprocidade en relación coas empresas de estados signatarios do Acordo sobre contratación pública da organización mundial do comercio.A.6) Disposición común a empresas estranxeiras (comunitarias ou non comunitarias): declaración de sometemento á xurisdición de tribunais e xulgados españois.As empresas estranxeiras deberán presentar unha declaración de sometemento á xurisdición dos tribunais e xulgados españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia no seu caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que poida corresponder ao licitante ( art. 130.1 d da LCSP).B) Empresas estranxeiras non comunitarias : sucursal en España.De acordo co art. 44.2 da LCSP, non se esixe dado que non se trata dun contrato de obras.C) Poderes:Cando o licitador  non actúe en nome propio ou se trate de sociedade ou persoa xurídica, deberá acompañarse poder notarial para representar á persoa ou entidade en cuxo nome actúa perante a administración contratante.O poder deberá figurar inscrito previamente no rexistro mercantil nos casos  en que dita inscrición sexa esixida polo regulamento de rexistro mercantil.D) Bastanteo de poderes:Os poderes aos que se refire o apartado c) da presente cláusula, deberán bastantearse previamente polo secretario da corporación ou funcionario habilitado.E) Prohibicións para contratar ou incompatibilidades:Declaración responsable de que a empresa interesada non se encontra incursa en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas no artigo 130 e 49 da LCSP, axustada ó seguinte modelo:            “D/Dª ..., con  DNI ..., con domicilio en …, provincia de …, rúa ... nº ..., actuando en (nome propio ou en representación da empresa …, con CIF ...), Declara que nin a empresa nin os seus administradores ou órganos de dirección están incursos en ningunha das prohibición para contratar coa administración establecidas no art. 49 e 130.1.c) da LCSP.Así mesmo, declara que se encontra ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa seguridade social.(Lugar,data e sinatura do propoñente).”F) Acreditación da solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional nos supostos nos que non sexa esixible a clasificación (cando se trate de empresas estranxeiras).Os licitadores deberán acreditar a solvencia económica e financeira por calquera dos medios a que se refire o art. 64 da LCSP e a solvencia técnica mediante calquera dos medios previstos no art. 67 da LCSPG) Acreditación complementaria.As empresas deberán acreditar estar inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e da correspondente autorización administrativa para a prestación de programas de Axuda no Fogar.H) Unións temporais de empresas.Indicación dos nomes e circunstancias das empresas que a constitúen, participación de cada unha delas e compromiso de constituirse formalmente en UTE no caso de resultar adxudicatarias, de conformidade do art. 48 da LCSP e cláusula 7 do presente prego.I) Declaración de empresas vinculadas.No suposto de que a empresa concorra á licitación con empresas pertencentes a un mesmo grupo, nos termos aos que se refire o art. 129 da LCSP, presentarase necesariamente unha declaración indicando esta circunstancia e o nome ou denominación social das mesmas, debendo constar este documento en cada unha das ofertas formuladas por todas as empresas vinculadas que concorran á licitación.            J) Rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas do estado ou da comunidade autónoma de Galicia e rexistro voluntario de documentación de empresas contratistas da Excma. Deputación de a Coruña:Os licitadores poderán indicar o rexistro no que se encontren inscritas acompañando a correspondente certificación onde se recollan os estremos a que se refire o art.303 da LCSP, en cuxo caso estarán dispensados de presentar os datos ou documentos que estime necesarios a fin de verificar ou comprobar a exactitude ou vixencia dos mesmos.Non obstante aquelas empresas que con carácter voluntario figuren inscritas no rexistro de documentación de empresas contratistas de Excma. Deputación provincial de a Coruña, acompañarán unha copia do informe relativo aos datos inscritos ou a simple referencia ao número de inscrición no rexistro e en consecuencia as empresas que figuren inscritas no rexistro de contratistas da Deputación provincial da a Coruña, quedarán  dispensadas representar os documentos sinalados nos apartados: A), B), C), D), E), e F) sempre que os citados documentos estean vixentes.K) Autorización para a cesión de información relativa a abrigas tributarias e da seguridade social co estado en procedementos de contratación. Axustarase ao seguinte modelo:“D/Dª …, con DNI número ..., residente en …, provincia de…, con domicilio na rúa ... nº ..., actuando en (nome propio ou en representación da empresa …, con CIF nº ...),Autoriza á administración contratante a solicitar a cesión da información por medios informáticos ou telemáticos, sobre a circunstancia de estar ou non ao corrente das obrigas tributarias co estado e da seguridade social a efectos do procedemento de contratación do expediente anteriormente indicado, de acordo co establecido  na Lei orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, Lei  do imposto sobre a renda das persoas físicas e a Lei de imposto de sociedades e outras normas tributarias e da seguridade social e demais disposicións de aplicación, sempre que o órgano de contratación o estime oportuno.(Lugar,data e sinatura do propoñente).”L) Índice de documentos que integran o sobreFarase constar, dentro do sobre e na primeira páxina, en folio independente, un índice dos documentos que o integran, enunciado numericamente.10.2).-Sobre B: “referencias técnicas”No anverso do sobre figurará a mención “Referencias técnicas para a contratación do Servizo de axuda no fogar de Touro”, presentada por…( nome ou denominación social, domicilio, teléfono e fax).O sobre conterá a documentación referida ás referencias técnicas e criterios de valoración, agás o prezo ofertado.10.3).- Sobre C: “ oferta económica”.No anverso do sobre figurará a mención “oferta económica para a contratación mediante procedemento aberto do servizo de AXUDA NO FOGAR DE TOURO presentada por… (nome ou denominación social, domicilio, teléfono e fax).Conterá a proposición económica formulada estritamente conforme ao modelo que figura como ANEXO 1 deste prego.O licitador comprométese a manter a súa oferta por un prazo mínimo de tres meses a contar dende a apertura das proposicións.11.- Garantías.11.1. Garantía provisionalEn consonancia co disposto no art. 91 da LCSP os licitadores quedan dispensados da constitución da garantía provisional.11.2.- Garantía definitiva.Deberá presentarse garantía definitiva pola cantidade de 10.000 euros.12.- Documentos. Orixinais e copiasOs documentos que se acompañan ás proposicións terán que ser orixinais. Non obstante, admitiranse fotocopias dilixenciadas por secretaría ou funcionario/a en quen delegue.13.- IdiomaTodos os documentos presentados polos licitadores en idiomas distintos do castelán ou do galego, terán que estar acompañados da correspondente traducción a calquera destes idiomas. De non ser así , non serán aceptados. Consideraranse documentos non subsanables e  non poderán ser obxecto de valoración.14.- Apertura de plicas e adxudicaciónPolo que respecta á cualificación da documentación presentada (defectos ou omisións subsanables, rexeitamento de proposicións e demais actuacións da Mesa de Contratación), estarase ao disposto no art. 144 da LCSP.A Mesa de Contratación estará formada polos seguintes membros:Presidente: D. Ignacio Codesido Barreiro, Alcalde do Concello.Vocais: D. Eugenio E. Montero Valiño, D. Jesús Martínez Pereira e D. Alfredo Souto Castelo, concelleiros do grupo municipal do Partido Popular; D. Xosé Anxo Puga Moruja e D. José María Vilas Raviña, concelleiros do grupo municipal do BNG; Dª María del Carmen Paz Quinteiro, concelleira do grupo municipal do PSG-PSOE; Dª María Paz Gutiérrez Abella, traballadora social; e D. José Antonio Gómez Pedreira, Secretario Interventor do Concello.Secretario: D. José Antonio Gómez Pedreira, Secretario do Concello.14.1.- Apertura e valoración das ofertas.Establécense dúas fases de valoración das ofertas:1ª.- Valoración dos criterios de adxudicación no procedemento aberto, excepto o factor prezo. Serán criterios de adxudicación  os seguintes:A)  Memoria descritiva da organización do servizo, na que se especifiquen os horarios, quendas de traballo, itinerarios e métodos de control e organización. Ata  5 puntos.            B) Formación complementaria non obrigatoria dos traballadores auxiliares de axuda a domicilio en plantilla. Ata 3puntos.C) Persoal técnico complementario non obrigatorio en plantilla para apoio do servizo. Ata2 puntos.D)  Certificacións de calidade empresarial. Ata 2 puntos.E) Cuantificación de seguros e outros instrumentos de prevención de riscos laborais: 2 puntos.F) Acreditación sobre a valoración de servizos prestados noutras administracións públicas: 2 puntos.G) Melloras no servizo ofertadas polas empresas participantes: 4 puntos.No suposto de que aplicando os criterios de valoración de dúas ou máis empresas empaten en maior puntuación terá preferencia na adxudicación a que  teña  no seu cadro de persoal maior número de traballadores minusválidos.2ª.- Valoración das ofertas económicas. Ata 10 puntos.Á mellor oferta  outorgaráselle a máxima puntuación e as restantes puntuaranse proporcionalmente a baixa ofertada.Procedemento:Aos efectos previstos na primeira fase, a Mesa de Contratación valorará as ofertas segundo os criterios establecidos nestas bases.Aos efectos previstos na segunda fase, a Mesa de Contratación procederá en acto público á apertura das ofertas económicas. Realizarase no lugar e día que se sinale no taboleiro  de anuncios ou perfil do contratante.O presidente manifestará o resultado da cualificación dos documentos presentados, con indicación das proposicións admitidas, das rexeitadas e a causa ou causas da inadmisión destas últimas.As ofertas que correspondan a proposicións rexeitadas quedarán excluídas do procedemento de adxudicación do contrato e os sobres que as conteñan non poderán ser abertos.Antes da apertura da primeira proposición invitarase aos licitadores interesados a que manifesten as dúbidas que se lles presenten ou pidan as explicacións que estimen necesarias, procedéndose pola Mesa ás aclaracións e contestacións pertinentes, pero sen que en este momento poida  facerse cargo de documentos que non foran entregados durante o prazo de admisión de ofertas, ou o de corrección ou subsanación de defectos ou omisións.14.2.- Rexeitamento de proposicións.Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base  de licitación, variara substancialmente o modelo establecido, ou comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia  que a faga inviable, será rexeitada  pola Mesa, en resolución motivada.A administración terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición máis vantaxosa, mediante a  aplicación dos criterios establecidos no presente prego, sen atender necesariamente ao valor económico da mesma, ou declarar  deserta a licitación, motivando en todo caso a súa resolución con referencia aos criterios de adxudicación  que figuran no presente prego. 14.3. Renuncia:A presentación da oferta vincula ao contratista coa administración de tal modo que a renuncia á adxudicación do contrato ou á prestación do servizo, realizada en calquera fase de tramitación do expediente, por exemplo: durante o prazo de presentación de ofertas, antes ou despois de: a) a apertura de plicas, b) a proposta da mesa de contratación, c) a adxudicación, d) antes da formalización do contrato, e) o inicio e execución dos servizos, g) a recepción, etc.,  faculta ao Concello para proceder á incautación da garantía, sen prexuízo da esixencia de indemnización polos danos e prexuízos causados á administración contratante e demais consecuencias previstas na LCSPTendo en conta que os contratistas están dispensados de constituír a garantía provisional, o concello poderá esixir dito importe mediante o procedemento de prema, así coma para a indemnización de  datos e prexuízos.A renuncia do licitador incurso en ofertas con valores anormais ou desproporcionadas, ben de forma expresa ou non xustificando a baixa dentro do prazo concedido pola administración terá as mesmas consecuencias e efectos que se indicaron nos parágrafos anteriores.Non obstante o disposto nos apartados anteriores:No cas o de que a administración non acordara a adxudicación provisional no prazo de 3 meses, a contar dende a apertura das proposicións, o contratista terá dereito a retirar a súa proposición, de conformidade co disposto no art. 145.4 da LCSP.15.- Adxudicación do contrato.A).- PROPOSTOA DE ADXUDICACIÓN.A Mesa de Contratación ou órgano de contratación en resolución motivada propoñerá a adxudicación do contrato á oferta que seguindo os criterios establecidos nestas bases sexa máis vantaxosa economicamente para o Concello, resolución que se notificará ao licitador proposto para que dentro do prazo de 10 días hábiles a contar desde o seguinte a aquel en que houbera recibido o requirimento, presente a documentación xustificativa de encontrarse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social ou autorice ao órgano de contratación para obter de forma directa a acreditación deso, de dispoñer efectivamente os medios que se houbera comprometido a de dedicar o adscribir á execución do contrato conforme ao artigo 53.2, e de ter constituído a garantía definitiva que sexa procedente. Os correspondentes certificados poderán ser expedidos por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos, salvo que se estableza outra cousa nos pregos (artigo 135 da LCSP).A administración poderá  rexeitar a admisión de avales e seguros de caución provenientes de entidades, que se encontren en situación de mora fronte á administración contratante como consecuencia do impago de obrigas derivadas da incautación de anteriores avales ou seguros de caución, e que mantiveron impagados os importes correspondentes a avales ou seguros de caución xa executados 30 días naturais despois de terse recibido na entidade o primeiro requirimento de pago. A estes efectos o contratista antes de constituír o aval ou seguro de caución deberá informar á entidade avalista ou aseguradora do disposto nesta cláusula, sen que poida alegar en consecuencia descoñecemento no suposto de que o aval ou seguro fora rexeitado pola administración.B).- ADXUDICACIÓN.Dentro do prazo de 5 días hábiles desde a recepción da documentación o órgano de contratación deberá adxudicar o contrato. 16.- Formalización do contratoO contrato formalizarase en documento administrativo dentro do prazo dos 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao da notificación da adxudicación  do contrato.17.- Gastos de anuncios e tributosO adxudicatario estará obrigado a pagar os custos da publicación de anuncios nos diarios oficiais así como de prensa, ata un máximo de 1.800 euros. De igual modo deberá aboar os tributos que pesen sobre o contrato ou no seu caso sobre o obxecto do contrato.18.- Lugar/es de prestación do servizoÉ o que se especifica  no prego de prescricións técnicas19.- Prazo de execución/entregaO adxudicatario deberá realizar os servizos de acordo cos prazos e características que figuran nos pregos de condicións administrativas e técnicas desta adxudicación, computados dende a data de formalización do contrato  en documento administrativo.En consecuencia o adxudicatario estará obrigado a prestar os servizos no tempo e lugar fixados no contrato e con estricta suxeición ás estipulacións contidas nos pregos.A mora do adxudicatario non requirirá a previa intimación pola administración.20.- Calidade dos servizosO adxudicatario deberá realizar as prestacións do presente contrato nas condicións máis óptimas de calidade utilizando os medios persoais e materiais máis adecuados para garantir a súa óptima execución.O concello poderá  verificar en  calquera momento a correcta execución do contrato, e pode solicitar a documentación que estime oportuna e as inspeccións  que considere necesarias.21.- Cumprimento normativa laboral e de seguridade socialO adxudicatario deberá cumprir, baixo  a súa exclusiva responsabilidade, as disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social e de prevención de riscos laborais.22.- Dereitos do adxudicatario22.1.- Dereito ao aboamento do servizo que realmente realice de acordo coas cláusulas do presente prego, e de conformidade  co programa de traballo previsto  para cada anualidade, no seu caso. Dito aboamento deberá efectuarse dentro do prazo máximo de 60 días a contar dende a expedición da certificación ou rexistro da correspondente factura. 2.2.- Se a administración demorase o pago do prezo, computado a partir do cumprimento do prazo de 60 días a que se refire  o apartado anterior, o adxudicatario terá dereito a partir do cumprimento de dito prazo, a cobrar os intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na lei de 29 de decembro de 2004 pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais e art. 200.4  da LCSPSe a factura contivera algún erro ou omisión ou esta non se tivera presentado no rexistro xeral, o prazo para esixir  o interese de demora non se iniciará  ata que se corrixan os defectos que conteña a factura ou ata que se presente a mesma no rexistro xeral.22.3.- Dereito á suspensión do cumprimento do contrato no caso de que a demora do pago sexa superior a 4 meses, téndose que comunicar á administración con 1 mes de antelación tal circunstancia, a efectos de recoñecemento dos dereitos que poidan derivarse de dita suspensión, nos termos  establecidos na LCSP.22.4.- O dereito a resolver o contrato e ao resarcimento dos prexuízos que coma consecuencia disto  se lle orixinen, se a demora da administración  supera os 8 meses.22.5.- Dereito a transmitir os dereitos de cobro, nos termos  do artigo 201 da LCSP.23.- Pagamentos O pago polo servizo efectuarase de maneira mensual, e cando se tiveran cumpridas as prestacións acordadas.Requirirá a previa presentación de factura e informe do Departamento de Servizos Sociais certificando as prestacións solicitadas.24.- PrórrogasSe o atraso na execución da prestación dos servizos se produce por motivos non imputables ao contratista e este ofrece cumprir o seu compromiso se se lle da unha prórroga do tempo que se lle tiña sinalado, o órgano de contratación poderá concedela por un prazo que será polo menos igual ao tempo perdido, a non ser que o contratista solicite outro menor.25.- Duración do contratoA duración máxima do contrato de prestación do servizo de Axuda no fogar de Touro será dun ano, prorrogable por outro, conforme á lexislación en vigor.26.- Modificacións do contrato.Unha vez perfeccionado o contrato o órgano de contratación só poderá introducir  modificacións no mesmo por razóns de interese público e de acordo co disposto no art. 202 da LCSP.27.- Prazo de garantíaNon se esixe28.- Condicións específicas de prestaciónsA) Confidencialidade e secreto profesional : toda a información facilitada pola administración ou a  obtida polo adxudicatario en relación co presente contrato terá carácter confidencial, debendo o adxudicatario gardar o debido secreto profesional con carácter indefinido, salvo que a administración o autorice expresamente e para supostos concretos e determinados.B) Protección de datos: o adxudicatario está obrigado a cumprir en todas as fases do desenvolvemento do contrato, na súa terminación e con posterioridade a esta, a normativa sobre protección de datos de carácter persoal, sendo responsable de calquera infracción sobre esta materia.C) Dereito de uso: o concello terá dereito de uso por tempo indefinido de todos os estudos, documentos, traballos ou prestacións realizadas con motivo deste contrato, e pode dispoñer en consecuencia deste material para calquera fin ou actividade de interese provincial que estime oportuno.29.- Causas de resoluciónSerán as previstas nos artigos 206, 207 e 284 da LCSP, cos efectos previstos nos artigos 208 e 285.30.- Prerrogativas da AdministraciónCompete ao órgano de contratación as prerrogativas de interpretar o convenio, modificar as prestacións por conveniencia do servizo e de  suspender a súa execución por causa de utilidade pública, indemnizando, no seu caso, os posibles danos e prexuízos ocasionados nos termos establecidos na LCSP.31.- Réxime xurídicoEste contrato de servizos ten carácter administrativo, e ambas partes quedan sometidas expresamente á lexislación de contratos do sector público e normas complementarias e no seu caso á comunidade autónoma de Galicia nos termos do art. 149.1.18 da Constitución así como as demais disposicións de desenvolvemento. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu  defecto, as normas de dereito privado. As cuestións litixiosas xurdidas  sobre interpretación, modificación, resolución e  efectos deste contrato serán resoltas polo órgano de contratación, cuxos acordos porán fin á vía administrativa  e contra estes poderase interpoñer  recurso contencioso administrativo, previa interposición, no  seu caso, do recurso de reposición potestativo e sen prexuízo da interposición de calquera outro que os interesado estimen procedente. Nos supostos aos que se refire o art. 37 da LCSP os interesados deberan interpoñer o recurso especial en materia de contratación.ANEXO I:  MODELO  DE OFERTA ECONÓMICAD/Dª ..., con domicilio en ..., rúa..., nº ..., CP ...,.teléfono…, fax…, actuando en (nome propio ou en representación de ...., con CIF nº ... e domicilio social en ...),Toma parte no procedemento aberto convocado polo concello de Touro para a contratación do SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DE TOURO e fai constar que coñece e acepta os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexen dito contrato e que se compromete a realizar o servizo con suxeición aos mesmos, polo importe que se sinala a continuación:A)     Prezo sen IVE...................................................................................... : ___ €/horaB)     imposto sobre o valor engadido (IVE )............................................... : ___ €/hora C)  TOTAL (A + B)................................................................................... : ___ €/horaEn, a ... de ... de 2010.” Touro, 9 de marzo de 2011.O ALCALDE,                        O SECRETARIO,