BANCO DO TEMPO DE TOURO

INFORMACIÓN E CONTACTO

Mª Elena Barreiro Paz
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfono: 981.50.40.29
Máis Información:bancodetempodetouro.blogspot.com

DESTINATARIOS

O Concello de Touro ven de por en marcha entre os seus programas de conciliación “O Banco de Tempo”.

 Calquera veciño de Touro pode inscribirse no Banco de Tempo, sólo ten que pasar polo Concello, para facer unha enquisa persoal coa persoa responsable do Banco, María Elena Barreiro Paz, ou chamando ó telefono 981 50 40 29, para concertar unha cita.


¿EN QUE CONSISTE? 

É un Banco que funciona sen cartos, a súa moeda de valor é o Tempo. Aberto a homes e mulleres. Unha persoa deposita unhas horas do seu tempo ofrecendo un servizo que desexa dar, e a cambio, solicita tempo doutra persoa para resolver necesidades o actividades da vida cotiá. É un  intercambio de forma gratuíta de habilidades e servizos entre a poboación.


 SERVICIOS PARA INTERCAMBIAR

O ábaco do que se pode intercambiar intenta ser  moi amplo.

-         Facer a compra.

-         Acompañamento de nenos o anciáns.

-         Axuda cas tarefas escolares o de ordenador.

-         Axudar en pequenas limpezas.

-          Coidar animais ou prantas.

-         Actividades de lecer.

Son sólo exemplos de posibles intercambios.


BENEFICIOS 

Compartir experiencias, aprender algo novo e coñecer xente son algúns dos beneficios que se poden obter. Cada socio do Banco dispondrá dun talonario que utilizará no momento que use o seu tempo a favor doutra persoa, e informará mensualmente do tempo utilizado e recibido. Periodicamente recibirán o estado da súa “Conta Corrente” e unha lista dos servizos que se poden intercambiar.

 

INVIRTE EN TEMPO , E GAÑARAS BENESTAR

¡APUNTATE XA!