Corrección de erro de transcrición nas bases para a contratación temporal de dous operarios (condutor e auxiliar) para a recollida de lixo, publicadas o día 2 de novembro de 2019

Nas bases publicadas nesta páxina web o día 2 de novembro de 2019 para a contratación de dous operarios para a recollida de lixo, produciuse un erro na transcrición da valoración da experiencia nos criterios fixados para a selección de cada un dos operarios.

Na Base quinta, epígrafe "Para a selección do operario condutor", apartado 3.b), onde di: "Experiencia no posto de traballo, que se valorará cun máximo de 1,5 puntos, a razón de 0,01 puntos por mes traballado no ámbito privado ou público", debe dicir: "Expericencia no posto de traballo, que se valorará cun máximo de 1,5 puntos, a razón de 0,1 puntos por mes traballado no ámbito privado ou público".

Así mesmo, na Base quinta, epígrafe "Para a selección do operario auxiliar para recollida de lixo e cometidos varios", apartado 2.c), onde di: "Experiencia en postos de traballo da administración pública como operario de servizos varios, relacionados co traballo a realizar, incluídos os relativos a albanelería, xardinería e outros similares, que se valorará cun máximo de 3 puntos a razón de 0,01 puntos por mes", debe dicir: "Experiencia en postos de traballo da administración pública como operario de servizos varios, relacionados co traballo a realizar, incluídos os relativos a albanelería, xardinería e outros similares, que se valorará cun máximo de 3 puntos a razón de 0,1 puntos por mes".