Publicación por erro do anuncio de licitación da obra "Reposición de beirarrúas en Loxo e outro", incluída no POS+ Adicional 1/2017

O pasado día 20 de febreiro en curso, publicouse por erro o anuncio de licitación da obra "Reposición de beirarrúas en Loxo e outro", incluída no POS+ Adicional 2017, que non corresponde facer agora, polo que se cancela a súa publicación.

A obra que corresponde licitar é "Pavimentación rúa Travesía de Mourelos e outra", da que publica no día de hoxe o anuncio correspondente.