Licitación da obra "Interiores en Oca de Arriba (Beseño) e outros (POS+2017)"

 

 Escudo Touro                                                                                                                         DIputacion MarcaSloganColor Horiz ConvertImage 1

 1)    Entidade adxudicadora:

 

- Entidade: Concello de Touro.

 

- Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

 

- Órgano de negociación: Mesa de contratación xeral.

 

- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

 

- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello.

 

2)    Obxecto do contrato.

 

- Tipo: contrato de obra.

 

3)    Tramitación e procedemento:

 

- Tramitación ordinaria.

 

- Procedemento negociado.

 

- Prego de cláusulas administrativas particulares: Rexerase polo prego aprobado pola Deputación Provincial da Coruña (BOP nº 3, do 7 de xaneiro de 2016).

 

4)    Orzamento da licitación:

 

        - Orzamento base.....: 41.502,53 euros.

 

- Importe IVE (21%)..:   8.715,53 euros.

 

- Orzamento total.....: 50.218,06 euros.

 

5)    Prazo de execución: 6 meses.

 

6)    Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

 

7)    Presentación de ofertas:

 

- Prazo: ata as 14 horas do oitavo día natural, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Perfil do Contratante.

 

- Lugar de presentación: as proposicións poderán presentarse no Rexistro do Concello ou  por medio do servizo de correos, debendo comunicar, neste caso, o seu envío polos medios expresados no epígrafe 8 do Cadro de características do contrato.

 

8)    A publicación do presente anuncio efectuarase no Perfil do contratante do Concello de Touro. Simultaneamente, publicaranse o Anexo I (Cadro de características do contrato) e Anexo V (Criterios de adxudicación e criterios de negociación).

 

 

Touro, 16 de agosto de 2017.

 

O Alcalde en funcións,

 

 

 

Asdo.: Jesús Martínez Pereira.