Publicación do contrato do Servizo de axuda no fogar

O día 3 de xullo de 2017 asinouse o contrato para a prestación do "Servizo de axuda no fogar nas modalidades de dependencia e libre concorrencia no Concello de Touro" coa empresa Atendo Calidade SL, coas seguintes características de contratación:

- Órgano de contratación: Pleno do Concello.

- Data de adxudicación: 31 de maio de 2017.

- Importe: 12,20 euros por hora de servizo, excluído o IVE.

- Melloras: As ofertas realizadas aos criterios de adxudicación.

- Duración: Dous anos, prorrogables por un ano máis.