Convocatoria da Mesa de Contratación para a apertura dos sobres 1 e 2 das proposicións presentadas para a contratación do Servizo de axuda no fogar

O día 4 de abril de 2017, ás trece horas e trinta minutos, constituirase na Casa do Concello a Mesa de Contratación para a apertura dos sobres 1 e 2 das proposicións presentadas para a contratación do Servizo de axuda no fogar nas modalidades de dependencia e libre concorrencia no Concello de Touro.

A Mesa estará integrada polos seguintes membros:

- Presidente: D. Ignacio Codesido Barreiro, Alcalde do Concello.

- Vocales: D. Jesús Martínez Pereira, D. Alfredo Souto Castelo e Dª Adela Iglesias Tojo, concelleiros do grupo municipal do Partido Popular; D. Xoán Antón Louzao Rodríguez e Dª Sandra Beis Silva, concelleiros do grupo municipal do BNG; Dª Gemma Verónica López de Fuentes, concelleira do grupo municipal do PS de G-PSOE; Dª María Paz Gutiérrez Abella, traballadora social, e D. José Antonio Gómez Pedreira, Secretario-Interventor do Concello.

- Secretario: D. Jesús José Reboredo González, funcionario municipal.