Medio cento de afeccionados aos cogolemos seleccionaron arredor de 100 especies diferentes nas XXVIII Xornadas Micolóxicas de Touro

Arredor de medio cento de afeccionados aos cogomelos de Touro e chegados tamén de outros puntos da comarca de Santiago participaron o domingo 13 de novembro de 2022 nas XVIII Xornadas Micolóxicas de Touro. A actividade, organizada polo Concello de Touro, comenzou arredor das 10.00 horas na Casa da Cultura. Alí concentráronse os interesados en participar na xornada, arredor de 50 persoas, maiores e pequenos. Foi o micólogo Jaime Blanco Dios o encargado de impartir una charla sobre o mundo dos cogomelos. Esa explicación foi eminentemente práctica e serviulle aos amantes dos fungos para sair ao campo na procura de cogolemos. Os afeccionados desprazáronse ata as parroquias de Fao e Novefones. Nos bosques do Concello de Touro, na beira do río Ulla, comenzaron as tarefas de recollida de cogomelos. Durante a mañá no caeu auga e lucíu o sol, así que todos poideron aproveitar ao máximo a xornada micolóxica, que conta con incondicionais que todos os anos se achegan ata Touro. Os participantes toparon moitas variedades de cogumelos e fungos, arredor de 100 especies diferentes, e o micólogo foi o que sobre o terreo aconselleaba e explicaba as características de cada un dos achádegos. Xa pola tarde os participantes acudiron á Casa da Cultura para clasificar e identificar as diferentes especies.

IMG 20221113 WA0014