Veciñanza de Touro e visitantes reencontráronse na ‘Feira dos Emigrantes’, que se celebrou nas rúas de Fonte Díaz

As rúas de Fonte Díaz enchéronse durante toda a mañá de xente. O bullicio dominou a ‘Feira dos Emigrantes’. O día asollado animou a que veciñanza e forasterios poideran achegarse ata a capital do Concello de Touro. Os días ‘5 de agosto’ celébrase esta concurrida feira dende primeira hora da mañá e ata que comeza a tarde. Os veciños, veciñas e forasteiros aproveitan a cita para o reencontro, a feira sirve para que as persoas de Touro que emigraron a outras zonas de España ou de Europa poidan reencontrarse. E ademáis tamén mercan e proban o tradicional ‘polvo á feira’. 

Persoas que residen durante todo o ano en Cataluña, País Vasco ou Suiza volven no mes de agosto ao concello coruñés ás súas casas a pasar uns días de descanso e a feira convírtese nun lugar para o reencontro. O Concello de Touro ofreceu buses aos veciños que quixeran acudir á feira. Saíron desde as parroquias ás 10.00 horas e regresaron a partir das 16.00 horas. 

Ás 12.30 horas a charanga ‘Os Atrevidos’ animou a xornada de compras nos postos que se instalaron nas rúas de Fonte Díaz e nos locais de hostalería. Para cumplir coa tradición, todo aquel que se achega ata a feira tamén para nas pulpeiras para probar o 'polvo á feira' e convidar aos amigos. Numerosos veciños e veciñas xantron en compañía de personas ás que non ven en todo o ano. A feria alongouse ata primeira hora da tarde. 

touro feira2

touro feira3