AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E ACCESO AO FONDO SOLIDARIO DE MANUAIS

Obxectivo

Garantir unha educación accesible para o conxunto do alumnado.  

Beneficiarios

Alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.   

Axudas á compra

Alumnado dos dous primeiros cursos de Primaria: 210 € no caso de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros; e de 140 € para as rendas de entre 6.000 e 10.000 euros. No caso do alumnado de Educación Especial, recibirá 275 euros.  

Fondo solidario

Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación de libros farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. Será requisito fundamental, ter devolto os libros dos cursos anteriores.   

Axudas para material escolar

Todo o alumnado de Educación Primaria e ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 € por aliumno/a.  

Tramitación 

Vía electrónica a través de Fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou presencialmente nos propios centros docentes.   

Prazo de solicitude

Ata o 22 de xuño  

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/69002/xunta-abre-plazo-para-que-las-familias-soliciten-ayudas-para-libros-material