Touro acolle e próximo venres as I Xornadas do Camiño Holandés-EuroVelo 3 para poñer en valor unha oportunidade turística vencellada ao cicluturismo

Fonte Díaz. 13/11/2019. O Concello de Touro organiza as I Xornadas do Camiño Holandés-EuroVelo 3, que se celebrarán o próximo venres, día 15 de noviembro de 2019 na Casa de Cultura da Touro, ubicada na praza do Luar, en Fonte Díaz. O Camiño do Holandés-EuroVelo 3 é un roteiro de longa distancia baseado no Camiño Xacobeo e nos lugares declarados Patrimonio da Humanidade, unindo Trondhein (Noruega) con Santiago de Compostela. Trátase dunha alternativa ciclista do Camiño Francés e nos últimos quilómetros antes da chegada a Compostela discorre polo Concello de Touro. É utilizado por cliclistas que peregrinan procedentes do Centro e Norte de Europa.

O Concello de Touro organiza estas xornadas, con dúas mesas de debate, que servirán para que poñentes e público asistente “marquen a dirección a seguir” neste proxecto de poñer en valor o Camiño do Holandés-EuroVelo 3. Cun marcado carácter técnico, o programa conta tanto con personal do eido público como privado para enriquecer a participación multidisciplinar.

As I Xornadas do Camiño Holandés-EuroVelo 3 comenzarán o próximo venres, día 15 de novembro, ás 10.00 horas. A encargada de inaguralas será Adela Iglesias, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Touro. A primeira mesa, que comenzará ás 10.30 horas, levará o título de O Camiño de Santiago e o desenvolvemento rural. Participarán María Fernández, do GDR Ulla-Tambre-Mandeo; María Traveso, do GDR Terras de Compostela; Fernando Mújico, coordinador das Oficinas de Información Turística de Santiago; e Estella Freire, do Proxeccto Contramapas do Camiño da Universidade de Santiago de Compostela.

A segunda mesa desenvolverase baixo o título: EuroVelo: outras modalidades de Turismo. Están convidados a formala Guti Martín Hermida, responsable da Oficina Técnica da Eurovelo para Turismo Galicia; Rafael Díaz-Aguado, xefe de Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego da Deputación da Coruña; e María Núñez Pertejo, responsable da Oficina de Inconing en Sarria de Tee Travel. Pechará as xornadas o alcade de Touro, Ignacio Codesido.