Os veciños de Touro maniféstanse para que se manteña no Concello o Rexistro Civil e o Xulgado de Paz

Fonte Díaz. 11/04/2019. Un numeroso grupo de veciños e veciñas de Touro concentrouse esta mañán diante da sede do Concello de Touro, onde están ubicados o Rexistro Civil e o Xulgado de Paz, para reivindicar que se manteñan estes servizos no propio Concello. Os veciños e veciñas, encabezados polo alcalde Ignacio Codesido e por membros da corporación municipal, mostraron carteis nos que se podía leer: “Non ao peche dos rexistros civís; non ao peche dos xulgados de paz'. O alcalde de Touro destacou que “é fundamental para a poboación de Touro que se manteñan no eido do propio Concello os servizos e funcións rexistrais civís”. Na súa opinión, pechar o Rexistro Civil e o Xulgado de Paz causaría un perxuicio para os veciños e veciñas de Touro. “Estes servizos deben manterse próximos a cidadanía dos concellos rurais como Touro”, asegurou o alcalde.

O Rexistro Civil ubicado na sede do Concello de Touro tramita ao ano arredor de 2.000 expedientes. O seu peche impediría que os veciños e veciñas poidesen facer alí xestións como incripcións de nacemento, matrimonio ou defunción, actos de conciliación e fes de vida, entre outras. Esta concentración dos veciños e veciñas de Touro, á que tamén acudiron tralladores do xulgado de paz e do rexistro, xurde pola amenza do peche dos xulgados de paz e os rexistros civís a partir do mes de xullo de 2020 coa aplicación da Ley 20/2011. “Si se confirma o peche dun servicio próximo e gratuito o perxuicio para os habitantes de Touro sería moi grave”, reitera o alcalde. As xestións que agora fan no propio concello, habería que facelas, previsiblemente, en Santiago de Compostela, onde está o Rexistro Mercantil máis próximo. Os xulgados de paz atenden reclamacións civís, actos de conciliación e actúan en labores de apoio e auxilio xudicial, entre outras funcións. Touro conta con perto de 4.000 habitantes e con 139 núcleos de poboación. Arredor do 30% da poboación de Touro é maior de 65 anos.

A concentración de hoxe diante do Concello de Touro pretende concienciar ás diferentes Administracións para que loiten e se impliquen en apoiar o mundo do rural e que tomen o abandono que se está producindo como “un Asunto de Estado” para tratar de evitalo por todos os medios. O alcalde destacou que manter estes servicios equivale a que os habitantes do rural “poidan ter unha vida digna e en igualdade de condicións que os habitantes das cidades”. Os veciños e veciñas comentaban hoxe na concentración que “para asentar poboación no territorio e evitar que os máis novos marchen fóra, hai que proporcionar e garantir servicios axeitados e próximos aos veciños e veciñas. Esta concentración reivindica unha demanda “xusta”, según os propios habitantes de Touro, quenes con esta acción dun concello rural pretenden que “as cousas comencen a mudar”.