Programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego da provincia da Coruña, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o 2019

Axuda da Deputación da Coruña para o desenvolvemento de actividades e proxectos das entidades sen fins de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña, que na nosa provincia dinamizan o campo da cultura popular e tradicional (corais, bandas de música, grupos de baile e/ou música tradicional), así como das formacións musicais de grande formato (orquestras sinfónicas e de cámara).
Prazo de solicitude ata o 15 de febreiro.