A xoven pintora Sara Naveiro inaugura a exposición da súa obra na Casa da Cultura de Touro

Fonte Díaz. 17 de decembro do 2018. A Casa da Cultura de Touro acolleu onte pola tarde a inauguración da exposición da obra pictórica da xoven pintora Sara Naveiro Mirás. Amigos, coñecidos e veciños da artista de Touro achegáronse na tarde de onte domingo ata a Casa da Cultura para participar da apertura da exposición que estará aberta ao público durante as datas do Nadal e ata entrado o mes de xaneiro do 2019. Sara Naveiro Mirás exerceu de anfitriona e explicou o significado da súa obra a todos os que se interesaron pola simboloxía dos seus cadros.

Sara Naveiro Mirás, unha xoven promesa do mundo das artes, tamén compartiu a súa primeira exposición cos seus país e irmáns. A artista destacou que a súa obra pictórica reflexa as súas inquedanzas e manifestou que os cadros que compoñen a exposición, nos que dominan os cores vivos e alegres,  teñen inspiración na natureza.

“Nos meus cadros trato como muller de expresar a miña propia libertade de crear”, destacou Sara Naviero Mirás, quen indicou que un dos seus primeiros cadros leva a nome de matriz “como símbolo de inicio de vida”. “Quero reivindicar o meu espazo como muller, denunciando a violencia e defendendo o amor e a libertade”, apuntou Sara Naveiro. “A natureza simboliza para mín a vida e a libertade de expresión como muller”, destacou a xoven artista.