Nenos e nenas de Touro, no obradoiro para aprender a facer bolsas de lectura

Fonte Díaz. 11/10/2018. Un grupo de nenos e nenas de Touro participou esta semana nun obradoiro creativo e de animación á lectura de Deseño de Bolsas de Lectura. Esta actividade, organizada polo Concello de Touro e a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia a través do programa Ler Conta Moito, serviu para que os participantes fixeran as súas propias bolsas para levar os libros de contos e libretas para debuxar. Foi unha tarde divertida e proveitosa. Cada neno e neno fixo a súa bolsa que poido levar para a súa casa.

Por outra banda, está prevista a celebración dun Obradoiro Natural para a Elaboración de xabón artesán e de cosmética natural. Comenzará o próximo 20 de outubro e será o terceiro sábado de cada mes das 10.30 as 12.30 horas na Casa da Cultura de Touro. Os interesados ainda están a tempo de inscribirse. Poden facelo no Departamento de Cultura do Concello de Touro ou chamando ao 981.814.566