Os 20 alumnos do Obradoiro Dual de Emprego Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra 2019 retoman a súa formación tras o parón a causa da Covid-19

Os 20 alumnos desempregados que se están a formar no Obradoiro Dual de Emprego Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra 2019 retomaron a inicios de xullo a súa actividade tras o parón a causa da pandemia da Covid-19. Esta iniciativa de formación financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria está liderada polo Concello de Touro e tamén participan o Concello de Boqueixón e o Concello de Vedra. O Obradoiro Dual de Emprego Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra comenzou en novembro de 2019.

As especialidades do Obradoiro de Emprego Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra 2019 son Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (nivel de cualificación profesional 2) e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (nivel de cualificación profesional 1). Os participantes nesta iniciativa de formación e emprego dual, procedentes de Touro, Boqueixón e Vedra, poden combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses con outro de prácticas de, como mínimo, tres meses nunha actividade vinculada á materia do obradoiro. Concretamente, en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e en conservación e mellora de montes, os alumnos traballan na limpeza e acondicionamentos en fincas municipais, zonas verdes, áreas recreativas, pistas deportivas, masas común e camiños en todos os concellos participantes. Estes días os 20 alumnos están formándose no Concello de Touro.

O Obradoiro Dual de Emprego Ulla pretende formar a desempregados cos concellos de Touro, Boqueixón e Vedra para incrementar as súas posibilidades de atopar un emprego, especialmente no eido rural, adaptado a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación da contarna onde viven. Esta acción formativa, despois do parón rexistrado a causa do confinamento pola pandemia do Covid-19, está previsto que remate no próximo outono. Os alumnos recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado tras a formación de nove meses.

obradoiro dual de emprego Ulla 2