Touro homenaxeou a máis de 700 maiores na súa XXVI Festa da Terceira Idade

A capital Fonte Díaz acolleu a xa tradicional celebración para os veciños de maior idade do Concello, que representan o 20% dos seus habitantes

O Concello de Touro reuniu o domingo 12 de agosto de 2018 en Fonte Díaz, capital do Concello e parroquia de Touro, aos seus maiores para darlles a xa tradicional homenaxe de cada ano. Ao XXVI Encontro da Terceira Idade de Touro acudiron máis de 700 veciños e veciñas de máis de 60 anos. Hoxe reuníronse máis do 20% dos habitantes de todo o Concello de Touro para xantar xuntos. O xantar celebrouse na zona de servizos de Fonte Díaz, onde están ubicadas a nova Casa da Cultura, o novo PAI, a piscina, a área de autocaravanas e a residencia de maiores. Nesta área foi onde se instalou a carpa que acolleu hoxe aos maiores que ata alí se achegaron.

Acudiron máis de 700 maiores das 19 parroquias que conforman a Concello de Touro. Os dous veciños con máis anos, muller e home, recibiron un recoñecemento de más do alcalde de Touro, Ignacio Codesido e do resto da corporación municipal. E foron María Rendo, natural de Prevediños e nacida no ano 1922. Conta, polo tanto, con 95 años. O próximo día 17 de agosto fará 96 anos- E José Codesido, da parroquia de Touro e nacido no ano 1925. Este veciño xa ten 93 anos cumplidos en marzo.

O inicio da XXVI Festa da Terceira Idade estivo a cargo da Banda de Música Isabel II de Touro, que interpretou vários temas para os presentes. Os maiores disfrutaron da música da banda do Concello de Touro. A continuación, os asistentes participaron nunha misa campestre, oficiada polo párroco de Touro, que finalizou arredor das 14.20 horas. Trala misa comenzou o xantar. O comedor para máis de 700 persoas instalouse na área de lecer baixo grandes carpas. O día estivo anubrado e caeron unhas gotiñas. Ninguén quedou sen lugar para xantar. O menú estaba composto de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro con patacas e sobremesas (queixo con marmelo e xeado). Os maiores de Touro tamén poideron disfrutar da música. A festa estivo amenizada, ao remate do xantar, polo dúo 'Eva e Camilo'. A celebración, que pretende ocupar o tempo libre dos maiores, rematou ben avanzada a tarde.