Anuncio de contratación da obra "Interior en Fonte Alvite (Andeade) e outros" (PAS 2015)

Contratación obra "Interior en Fonte Alvite (Andeade) e outros" (PAS 2015):
 

1) Entidade adxudicataria:

- Entidade: Concello de Touro.

- Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

- Órgano de negociación: Mesa de Contratación Xeral.

- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello.

2) Obxecto do contrato:

- Tipo: Contrato de obra.

3) Tramitación e procedemento:

- Tramitación: Ordinaria.

- Procedemento: Negociado sen publicidade.

- Pregos: A contratación rexerase polo prego de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Deputación Provincial da Coruña (BOP nº 3, do 7 de xaneiro de 2016).

4) Orzamento de licitación:

- Orzamento base: 59.533,68 euros.

- Importe IVE (21%): 12.502,07 euros.

- Orzamento total: 72.035,75 euros.

5) Prazo de execución: 6 meses.

6) Garantía definitiva: 5 por cento do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7) Presentación de ofertas:

- Prazo: Ata as 14 horas do décimo día natural, contados dede o seguinte ao da publicación deste anuncio no Perfil do Contratante (14 horas do día 8 de agosto de 2016).

- Lugar de presentación: As proposicións poderán presentarse no Rexistro do Concello ou por medio do servizo de correos, debendo comunicar, neste caso, o seu envío polos medios expresados no epígrafe 8 do Cadro de características do contrato.

8) Publicación:

- A publicación do presente anunciio efectuarase no Perfil do Contratante do Concello de Touro. Simultaneamente, publicarase o Anexo I (Cadro de características do contrato) e o Anexo V (Criterios de adxudicación e criterios de negociación).