Anuncio de contratación do "Servizo de recollida de papel-cartón"

1. Entidade adxudicataria:

- Organismo: Concello de Touro.

- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

- Obtención da documentación e información: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

- Tipo: Servizos.

- Descrición: Prestación do servizo de recollida de papel-cartón.

- Lugar de execución: Concello de Touro.

- Duración do contrato: 4 anos, improrrogables.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

- Tramitación: ordinaria.

- Procedemento: negociado.

4. Presuposto de licitación:

- 8 euros, excluído o IVE, por contedor baleirado, que poderá ser mellorado á baixa.

- A achega económica e financeira de ECOEMBES, que se recolle no convenio marco entre a Comunidade Autónoma de Galicia e Ecoembalajes España SA, adaptada para o Concello de Touro.

5. Garantías esixidas:

- Garantía provisional: non se esixe.

- Garantía definitiva: 788,54 euros.

6. Requisitos do contratista:

- Clasificación: Non se esixe.

- Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, no seu caso: A esixida no prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas:

- Data límite: 10 día hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Perfil do contratante.

- Lugar de presentación: Nas oficinas municipais ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992.