Anuncio licitación do servizo de limpeza dos edificios municipais

ANUNCIO:

Contratación do Servizo de limpeza dos edificios municipais.

1) Entidade adxudicataria:

- Organismo: Concello de Touro.

- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello.

2) Obxecto do contrato:

- Tipo: contrato de servizos.

- Descrición: limpeza dos edificios municipais.

3) Tramitación e procedemento:

- Tramitación ordinaria.

- Procedemento aberto con diversos criterios de adxudicación.

- Criterios de adxudicación: Os establecidos na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

4) Orzamento base de licitación: 24.500 euros anuais.

- Importe IVE (21%): 5.145 euros.

- Importe total: 29.645 euros.

- Prezo total estimado do contrato: 98.000 euros, excluído o IVE.

5) Duración do contrato: 2 anos, prorrogables por outros dous.

6) Garantía definitiva: 5 por cento do prezo de adxudicación estimado para os dous anos de duración do contrato e mailos dous anos de posibles prórrogas, excluído o IVE.

7) Presentación de ofertas:

- Data límite de presentación: ata as 14 horas do décimo quinto día natural desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

-Lugar de presentación: as proposicións presentaranse nas oficinas municipais ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento adminsitrativo común.

8) Apertura de proposicións: A Convocatoria da Mesa de Contratación publicarase no Perfil do contratante.

9) A publicación do presente anuncio efectuarase nos seguintes medios: B.O.P. de A Coruña e no Perfil do contratante do Concello de Touro.

Touro, 19 de febreiro de 2014.

O Alcalde, Ignacio Codesido Barreiro.