Anuncio de procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración para a contratación do Servizo de axuda no fogar

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Concello de Touro.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

- Dependencia: Secretaría Xeral.

- Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de condicións técnicas publícanse no perfil do contratante, na páxina web: www.concellodetouro.com.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: Servizos.

b) Descrición: Prestación do servizo de axuda no fogar.

c) Lugar de execución: Concello de Touro.

d) Duración do contrato: 2 anos.

e) Prórrogas: Prorrogable por un máximo de dous anos.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: Ordinaria.

b) Procedemento: Aberto.

c) Forma: Procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración.

4. Presuposto de licitación:

- Importe: 12,85 euros/hora de servizos prestados, excluído o IVE.

5. Garantías esixidas:

- Garantía provisional: Non se esixe.

- Garantía definitiva: 25.000 euros.

6. Requisitos do contratista:

- Clasificación: Non se esixe.

- Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, no seu caso: A esixida nos pregos de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

- Data líite de presentación: Ata as 14 horas do décimo quinto día natural dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

- Lugar de presentación: As proposicións poderán presentarse nas oficinas municipais ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8. Apertura de ofertas: A data e hora publicarase no Perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: O adxudicatario estará obrigado a pagar os custos da publicación de anuncios nos diarios oficiais e na prensa.

10. Publicación: O presente anuncio publicarase no BOP de A Coruña e no perfil do contratante do Concello de Touro.

Touro, 26 de marzo de 2013.

O Alcalde, Ignacio Codesido Barreiro.

 

 

Prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación do servizo de axuda no fogar. Descarga archivo aquí

 

 

 

 

Prego de condicións técnicas do servizo de axuda no fogar. Descarga archivo aquí