1. Entidade adxudicataria:
- Organismo: Concello de Touro.
- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
- Obtención da documentación e información: Secretaría.
2. Obxecto do contrato:
- Tipo: Servizos.
- Descrición: Prestación do servizo de recollida de envases lixeiros.
- Lugar de execución: Concello de Touro.
- Duración do contrato: 4 anos, improrrogables.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación:
- Tramitación: ordinaria.
- Procedemento: negociado.
4. Presuposto de licitación: As cantidades que se abonen por ECOEMBES, entidade a que corresponde o fluxo económico coa empresa adxudicataria.
5. Garantías esixidas:
- Garantía provisional: non se esixe.
- Garantía definitiva: 2.108,92 euros.
6. Requisitos do contratista:
- Clasificación: Non se esixe.
- Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, no seu caso: A esixida no prego de cláusulas administrativas.
7. Presentación de ofertas:
- Prazo: Ata as 14 horas do décimo día natural, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Perfil do contratante.
- Lugar de presentación: Nas oficinas municipais ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992.
Touro, 28 de febreiro de 2018.
O Alcalde,
Asdo.: Ignacio Codesido Barreiro