Anuncio de licitación da obra "Camiño límite do Concello con Boqueixón a Bendaña"

Escudo Touro                                                                                         agader medio rural1

 

1)    Entidade adxudicadora:

- Entidade: Concello de Touro.

- Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

- Órgano de negociación: Mesa de contratación xeral.

- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello.

2)    Obxecto do contrato.

- Execución da obra “Camiño límite do Concello con Boqueixón a Bendaña", financiada con cargo ao Plan de camiños municipais 2017-2018 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

- Tipo: contrato de obra.

3)    Tramitación e procedemento:

- Tramitación ordinaria.

- Procedemento negociado.

- Prego de cláusulas administrativas particulares: Aprobado pola Xunta de Goberno Local en data 17-01-2018.

4)    Orzamento da licitación:

        - Orzamento base.....: 72.810,00 euros.

- Importe IVE (21%)..:    15.290,10 euros.

- Orzamento total.....: 88.100,10 euros.

5)    Prazo de execución: 6 meses.

6)    Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7)    Presentación de ofertas:

- Prazo: ata as 14 horas do oitavo día natural, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Perfil do Contratante.

- Lugar de presentación: as proposicións poderán presentarse no Rexistro do Concello ou por medio do servizo de correos, debendo comunicar, neste caso, o seu envío polos medios expresados no epígrafe 8 do Cadro de características do contrato.

8)    A publicación do presente anuncio efectuarase no Perfil do contratante do Concello de Touro. Simultaneamente, publicase o prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o proxecto.

Touro, 20 de febreiro de 2018.

O Alcalde,

Asdo.: Ignacio Codesido Barreiro

Attachments:
Download this file (prego obra Agader 2018.pdf)prego obra Agader 2018.pdf[ ]929 kB