A Mesa de Contratación, en data 30 de outubro de 2017, adoptou o acordo seguinte:
"I.- APERTURA PROPOSICÓNS, VALORACIÓN E PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DA “SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR E DÚAS DESBROZADORAS".
Habéndose publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 196, do 16 do outubro, e no Perfil do Contratante, o anuncio de licitación da “Subministración dun tractor e dúas desbrozadoras”, financiada con cargo ao convenio de colaboración subscrito coa Consellería do Medio rural para a limpeza de maleza das infraestruturas rurais de titularidade municipal, masas comuns e as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa, presentaron proposicións as empresas seguintes: Liste Maquinaria Agrícola, Ramón Varela Quintela, Hermanos Toimil García SL, Hermanos Villar SL, Fariña Maquinaria SL e Comercial Veiras SA.
Procédese a cualificación previa dos documentos presentados en tempo e forma, abrindo en primeiro lugar os sobres “A” que conteñen a documentación.
O Secretario certifica a relación de documentos que figuran nos sobres e seguidamente a Mesa declara admitidas todas as proposicións presentadas.
A continuación ábrense os sobres “B” (Oferta económica e referencias valorables automaticamente), dando lectura ás ofertas realizadas co resultado seguinte:
a) Marcas e modelos ofertados:
Empresas |
Tractor |
Desbrozadora de brazo |
Desbrozadora arrastre |
Liste Maquinaria Agrícola |
Massey Ferguson 5712 SL |
Picursa Multimedium |
Picursa Varium |
Ramón Varela Quintela |
Presenta ficha descritiva incompleta |
||
Hermanos Toimil SL |
Casse Maxxum 135 |
GL 1 Kompass Avant 550 |
GL1 Land 170 |
Hermanos Villar SL |
Claas Arion 460 STD |
Orsi Acrobat 509 Visual |
Orsi Competition 165 |
Fariña Maquinaria SL |
New Hollad Modelo T6.155 |
TMC Modelo TDS-180 |
Kuhn Multi-Longer 5557 SP |
Comercial Veiras SA |
Deutz-Fahr, 5125, serie B |
- |
- |
b) Oferta aos criterios de adxudicación:
Empresas Ofertas |
Liste Maquinaria Agrícola |
Ramón Varela Quintela |
Hermanos Toimil García SL |
Hermanos Villar SL |
Fariña Maquinaria SL |
Comercial Veiras SA |
Redución prazo de entrega. |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
Maior potencia do motor. |
- |
- |
135 |
138 |
125 |
126 |
Garantía superior a 2 anos. |
- |
1 |
- |
1 |
- |
- |
Mantemento post-venda tractor. |
- |
2 |
- |
Si |
- |
2 |
Outras características: - ordenador: |
- |
Non |
Non |
Si |
Si |
Non |
Cabina tractor: - Climatizador automático: - Suspensión hidráulica: - Cristais laterais e traseiro blindados: |
-
-
- |
Si
Non
Non |
Non
Non
Si |
Si
Non
Non |
Si
No
Si |
Non
Non
Non |
Melloras chasis tractor: - Rodas llanta fixa: - Suspensión hidráulica ponte dianteira: - Protección lateral dereito: |
-
-
- |
-
-
- |
-
-
- |
-
-
- |
-
-
- |
-
-
- |
Equipo hidráulico: - Tripuntal dianteiro: |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
Melloras desbrozadora de brazo: - Mando con joistick: - Chasis e cabezal reforzado: - Bomba caudal variable: |
Si
-
- |
-
-
- |
Non
Si
Non |
Non
Si
Non |
Si
Si
Non |
Non
Si
Non |
Melloras desbrozadora arrastre: - Dispositivo hidráulico de seguridade. |
- |
- |
Non |
Si |
Si |
Si |
Oferta económica: |
108.506,75 |
105.286,00 |
102.245,00 |
105.123,59 |
108.900,00 |
108.900,00 |
Á vista do informe emitido polo técnico asesor da Mesa, D. Pablo Rojo Losada, a Mesa de Contratación acorda:
Primeiro.- Non admitir a proposición presentada por Liste Maquinaria Agrícola, por non cumprir o prego de prescricións técnicas (Oferta menos de 95 l/min de caudal, mínimo esixido para o circuíto hidráulico, e un só ano de garantía, en vez dos dous esixidos).
Segundo.- Non valorar a proposición presentada por Ramón Varela Quintela, por presentar a ficha descritiva da oferta (Anexo III) incompleta, entre outras cuestións non se específica a marca do tractor e das desbrozadoras a adquirir.
Terceiro.- Aprobar as valoracións das proposicións presentadas polos demais licitadores, co resultado seguinte:
Empresas
Criterios adxudicación |
Hermanos Toimil García SL |
Hermanos Villar SL |
Fariña Maquinaria SL |
Comercial Veiras SA |
Criterios avaliables automaticamente |
6,00 |
18,00 |
17,00 |
9,00 |
Oferta económica |
16,01 |
9,90 |
0,00 |
0,00 |
TOTAL...................... |
22,01 |
27,90 |
17,00 |
9,00 |
Cuarto.- Á vista das puntuacións obtidas, a Mesa de Contratación acorda clasificar as proposicións presentadas por orde decrecente en función da puntuación total obtida, co seguinte resultado:
- Hermanos Villar SL................................................................................................ 27,90 puntos
- Hermanos Toimil García SL.................................................................................... 22,01 “
- Fariña Maquinaria SL............................................................................................. 17,00 “
- Comercial Veiras SA................................................................................................ 9,00 “
Quinto.- Propoñer a adxudicación da “Subministración dun tractor e dúas desbrozadoras” á empresa Hermanos Villar SL, por resultar a oferta máis vantaxosa para o Concello, cos seguintes datos de adxudicación:
- Marca e modelo:
- Tractor: Claas Arion 460 STD con cabrestante.
- Desbrozadora de brazo: Orsi Acrobat 509 Visual.
- Desbrozadora de arrastre: Orsi Competition 165.
- Prezo sen IVE................................................................................................. 86.879,00 €
- IVE (21%)....................................................................................................... 18.244,59 €
- Prezo co IVE................................................................................................ 105.123,59 €
- Prazo de entrega.................................................................................................... 8 días
Sexto.- Notificar o presente acordo á empresa proposta, conforme ao artigo 151.2 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para que no prazo de cinco días hábiles, contados desde aquel en que reciba a notificación do presente acordo, presente a documentación esixida na cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares."