Licitación da "Subministración dun tractor e dúas desbrozadoras"

 

1)    Entidade adxudicadora:

 

- Entidade: Concello de Touro.

 

- Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

 

- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

 

- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello.

 

2)    Obxecto do contrato.

 

- Tipo: contrato de subministración.

 

3)    Tramitación e procedemento:

 

- Tramitación urxente.

 

- Procedemento aberto con múltiples criterios de adxudicación.

 

- Prego de cláusulas administrativas particulares: Rexerase polo prego aprobado pola Xunta de Goberno Local en data 28 de setembro de 2017.

 

4)    Orzamento da licitación:

 

        - Orzamento base.....:   90.000,00 euros.

 

- Importe IVE (21%)..:   18.900,00 euros.

 

- Orzamento total.....: 108.900,00 euros.

 

5)    Prazo de entrega: 8 días.

 

6)    Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

 

7)    Presentación de ofertas:

 

- Prazo: ata as 14 horas do oitavo día natural, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

 

- Lugar de presentación: as proposicións poderán presentarse no Rexistro do Concello ou  por medio do servizo de correos, debendo comunicar, neste caso, o seu envío polos medios expresados na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

 

8)    A publicación do presente anuncio efectuarase no Boletín Oficial da Provincia e no Perfil do contratante do Concello de Touro. Simultaneamente, publicaranse os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

 

 

Touro, 11 de outubro de 2017.

 

O ALCALDE,

 

Asdo.: Ignacio Codesido Barreiro.