Publicación da adxudicación do "Servizo de axuda no fogar no Concello de Touro"

Adxudicación do "Servizo de axuda no fogar nas modalidades de dependencia e libre concorrencia no Concello de Touro":

- Órgano de contratación: O Pleno do Concello.

- Data de adxudicación: 31 de maio de 2017.

- Empresa adxudicataria: Atendo Calidade SL

- Importe:12,20 euros por hora de servizo, excluído o IVE.

- Melloras: As ofertas realizadas aos criterios de adxudicación.

- Duración do contrato: Dous anos, prorrogables por un ano máis.

O contrato formalizarase en prazo non superior a cinco días a contar desde o seguinte a aquel en que o adxudicatario reciba o requirimento, unha vez transcorrido o prazo previsto no apartado 3 do artigo 156 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, sen que se interpuxera recurso que leve aparellada a suspensión da formalización do contrato. De igual forma procederase cando o órgano competente para a resolución do recurso teña levantado a suspensión.