Contratación do Servizo de axuda no fogar no Concello de Touro

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR  NAS MODALIDADES DE DEPENDENCIA E LIBRE CONCORRENCIA DO CONCELLO DE TOURO.

 

1. ENTIDADE ADXUDICATARIA:

a) Organismo: CONCELLO DE TOURO.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

- Dependencia: Secretaría Xeral.

- Dirección: Fonte Díaz s/n.- 15822 – Touro.

- Teléfono: 981504029.

- Fax: 981504110

- Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

- Perfil do contratante: www.concellodetouro.gal

- Data límite para a obtención da documentación e información: Último día de presentación de proposicións.

2. OBXECTO DO CONTRATO:

a) Tipo: Servizos.

b) Descrición: Prestación do servizo de axuda no fogar.

c) Lugar de execución: Concello de Touro.

d) Duración: Dous anos.

e) Admisión de prórroga: Un ano.

f) CPV (Referencia de nomenclatura): 85300000-2, Servizos de asistencia social e conexos.

3. TRAMITACIÓN E PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN:

a) Tramitación: Ordinaria.

b) Procedemento: Aberto.

c) Forma: Procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración.

4. PRESUPOSTO DE LICITACIÓN:

- Importe: 13,85 euros/hora de servizos prestados, excluído o IVE.

5. GARANTÍAS ESIXIDAS:

- Garantía provisional: non se esixe.

- Garantía definitiva: 5% do valor estimado do contrato, excluído o IVE (calculado conforme ao establecido no apartado 9 do cadro de características).

 

6.- REQUISITOS DO CONTRATISTA:

- Clasificación: Non se esixe.

- Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, no seu caso: A esixida nos pregos de cláusulas administrativas.

7. PRESENTACIÓN DE OFERTAS OU SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN:

a) As ofertas presentaranse no prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (anuncio que tamén se publicará no Perfil do contratante), en días laborais de luns a venres e en horario de 9 a 14 horas.

b) Forma de presentación:

-  Presentarase en tres sobres pechados titulados:

SOBRE 1:Subtitulado “Documentación”.

Conterá a documentación esixida na cláusula 13.1 do Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares.

Sobre 2:Subtitulado “Documentación técnica”.

Conterá a proposición suxeita a criterios de valoración que requiren un xuízo de valor, de conformidade co art. 150 TRLCSP.

Sobre 3:"Oferta económica e documentación criterios avaliables automaticamente",que conterá a documentación relativa aos criterios de adxudicación aritmética ou avaliable de maneira automática mediante aplicación de fórmulas, de conformidade co art. 150 TRLCSP. Incluirá:

- A proposta económica formulada estritamente conforme ao modelo que se recolle como Anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

- Propostas que se ofertan nos termos da cláusula 18.1 deste prego e no prego de prescricións técnicas, conforme ao modelo que se recolle como Anexo II do citadoprego.

c) Lugar de presentación:

- Dependencia: Rexistro do Concello.

- Domicilio: Fonte Díaz s/n.- 15822- Touro.

8. APERTURA DE OFERTAS:

a) Lugar: Salón de Plenos da Casa do Concello.

b) Dirección: Fonte Díaz s/n.- 15822 – Touro.

c) Data e hora: Publicarase no Perfil do contratante.

9. GASTOS DE PUBLICIDADE:

- O adxudicatario estará obrigado a pagar os custos da publicación de anuncios nos diarios oficiais, ata un máximo de 1.800 euros.