A Escola da Banda de Música Isabel II de Touro abre o prazo para inscribirse no curso 2018/2019

A Escola da Banda de Música Isabel II de Touro abre o prazo para que todos os interesados poidan inscribirse no curso 2018/2019. “Pásao ben aprendendo música” é o lema da escola para animar a pequenos e grandes a apuntarse na aprendizaxe do apaixoante mundo da música. Este curso haberá dúas novedades: Música e movemento, para rapaces de 4 a 6 anos que queiran comenzar na música dende ben pequeniños; e Clases para adultos, iniciativa que polo de agora está tendo unha gran acollida. A Banda de Música Isabel II de Touro ofrece formación de trompeta, tuba/bombardino, clarinete, flauta, trombón, tromba, saxofón, percusión, linguaxe musical, armonía e banda infantil. As preinscripcións poden facerse a través do seguintes teléfonos: 697.352.571 (Sergio) e 696.526.056 (Moncho).