Convocatorias procesos de estabilización de emprego temporal do Concello de Touro

Dentro  do apartado 'Emprego e Desenvolvemento' da pestaña 'Áreas de actuación' desta páxina, publícanse en formato autoeditable os Anexos I e II das convocatorias dos procesos de selección para a estabilización do emprego temporal no Concello de Touro, para facilitar a súa cumprimentación e presentación a través da Sede Electrónica do Concello.