Axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación

Obxecto: Convocar o Programa de axuda á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación. 

Actuación: Emisión do libro de edificio existente para a rehabilitación e redacción de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios. As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020. 

Requisitos: Estar rematados antes do ano 2000. Que polo menos o 50% da súa superficie construída teña uso residencial de vivenda. 

Contía das axudas: Consultar condicións establecidas na resolución. 

Beneficiarios: Persoas propietarias ou usufructurarias de vivendas unifamiliares; comunidades ou agrupacións de comunidades; sociedades cooperativas, entre outras. 

Prazo de presentación: Ata o 30 de novembro do 2022. 

Presentación de solicitudes: Deberán ser presentadas por medios electrónicos no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI406G&ano=2022&numpub=1&lang=gl 

+ info na RESOLUCIÓN publicada no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220516/AnuncioC3Q2-060522-0001_gl.html