Reis Magos 2022

 
Nestas datas tan especiais, e a pesares de non poder reunirnos no tradicional Festival de Reis, queremos anunciarvos a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ás parroquias do Concello de Touro o día 5 de xaneiro.

As súas Maxestades agardarán con ilusión, e tamén con caramelos e algún que outro agasallo, a todos aqueles nenos e a todas aquelas nenas que se acheguen a visitalos.
 
Prégase ás familias que respecten a distancia social e todas as medidas de seguridade e hixiene fronte á COVID-19, e que acudan a un só lugar para ver aos Reis.

Actividade suxeita ás indicacións das autoridades sanitarias.