TOURO A ESCENA: HISTORIAS FABULOSAS, DOUS MAGOS E OUTRAS COUSAS: MAXIA

Onde? Casa da Cultura, Fonte Díaz
 
Cando? Venres 23 de xullo ás 19:00h.
 
Público? Familiar
 
Tempo? 50 minutos
 
Inscricións no 981 81 45 66 - 981 50 40 29 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
Ian&Elisa reúnen maxia e sombras chinesas usando contos e fábulas como fío condutor facendo que grandes e pequenos gocen dun fermoso e entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación.
 
A celebración dos espectáculos adáptanse ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.
O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.
Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (19:00h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.