MEDIDAS ESPECÍFICAS DERIVADAS DA COVID-19 DESDE O 19 DE MARZO

LIMITACIÓN DE MOBILIDADE

  • Continúa o peche perimetral da Comunidade Autónoma.

  • Ademais, están restrinxidas a entrada e a saída de persoas dos concellos de: Maside, Paradela e Vilardevós

  • Non existen limitacións de mobilidade para os demais concellos galegos, que poderán circular entre eles.

  • Limitación da mobilidade nocturna durante o período comprendido entre ás 22.00 e ás 6.00 horas.

EN TODO CASO, RECOMÉNDASE LIMITAR A MOBILIDADE O MÁXIMO POSIBLE

 

REUNIÓNS ENTRE PERSOAS

  • Grupos dun máximo de 4 persoas en espazos pechados de uso público e de 6 en espazos abertos ou ao aire libre de uso público.

  • En espazos de uso privado, so se poderán reunir as persoas conviventes.

Excepcións:

  • As persoas que viven soas poderán formar parte dunha única unidade de convivencia ampliada.

  • A reunión de persoas menores de idade cos seus proxenitores, no caso de que estes non convivan no mesmo domicilio.

  • A reunión de persoas con vínculo matrimonial ou de parella cando estes vivan en domicilios diferentes.

  • A reunión para o coidado, a atención, a asistencia ou o acompañamento a persoas menores de idade, persoas maiores ou dependentes, con discapacidade ou especialmente vulnerables.

RECOMÉNDASE RESTRINXIR AO MÁXIMO A INTERACCIÓN SOCIAL E QUE OS ENCONTROS QUEDEN LIMITADOS UNICAMENTE Á UNIDADE DE CONVIVENCIA

 

HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN

  • Servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co 75% e no interior cunha ocupación do 50 %. Non se poderá prestar servizo na barra.

  • Ocupación máxima será de seis persoas por mesa ou agrupación de mesas en terraza, ou de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas no interior, no caso de persoas non conviventes.

  • Horario de peche ao público será ás 21.00 horas.

  • Servizos de recollida no local e consumo a domicilio ata as 21.30 horas, ou ben servizo de entrega a domicilio, que poderá realizarse ata as 24.00 horas.

 

MEDIDAS DE PREVENCIÓN

  • Todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade da COVID-19, así como a propia exposición aos ditos riscos.

  • Permanecer no domicilio e contactar cos servizos sanitarios o antes posible se se experimenta algún dos síntomas máis comúns compatibles coa COVID19 ( febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos).

  • Manter a distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara, de hixiene adecuada e etiqueta respiratoria.

  • Obrigatorio o uso da máscara, nas mesmas condición que agora.