Touro celebra o 8M cun obradoiro de xogos no PAI e co reparto no CPI Fonte Díaz de pulseiras conmemorativas da campaña de sensibilización impulsada conxuntamente con Boqueixón e Vedra

8M

Fonte Díaz. 08/03/2021. 8M no Camiño da Igualdade é o lema da campaña de sensibilización que os concellos de Touro, Boqueixón e Vedra _integrados no Centro de Información á Muller (CIM) boqueixonés_ puxeron en marcha con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. O Concello de Touro iniciou a súa programación hoxe luns 8 de marzo cun obradoiro de xogos dirixido ao alumnado do PAI que se centra en Educar en Igualdade. A concelleira de Cultura, Deportes e Educación, Adela Iglesias, fixo un reparto de pulseiras conmemorativas entre escolares do CPI Fonte Díaz, onde o profesorado tamén tratou a temática da igualdade.  

O Concello de Touro ofrece o mércores 10 de marzo unha sesión de artes escénicas co espectáculo O pozo das mulleres, na Casa da Cultura de Touro. Repartirase tamén durante todo o mes de marzo entre a veciñanza unha bolsa co lema Camiñando cara á desigualdade como símbolo de loita contra a desigualdade.