O INEGA convoca: Subvencións a particulares para proxectos de enerxía solar fotovoltaica e enerxías renovables de uso térmico

O INEGA convoca:

Subvencións a particulares para proxectos de enerxía solar fotovoltaica

Subvencións a particulares para proxectos de enerxía solar fotovoltaicaSubvencións a particulares para proxectos de enerxías renovables de uso térmico

WWW.INEGA.GAL

Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021. (DOG nº 10 do 18/01/2021)

Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2021 (DOG nº 10 do 18/01/2021) IN421G

 

Beneficiarias

  • Persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas en Galicia.
  • Agrupacións de persoas físicas privadas sen personalidade, que non se poderán disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Actuacións subvencionables

 

Para proxectos de enerxía solar fotovoltaica

  • a. Os paneis solares fotovoltaicos.a. Os paneis solares fotovoltaicos.
  • b. O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipamentos de medidas, etc.), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistema de acumulación con baterías.
  • c. O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
  • d. O custo de montaxe e conexión, así como a dirección de obra.
  • e. IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.

 

Para proxectos de enerxía renovable de uso térmico

  • a. O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares, bomba de calor, caldeira….). No caso da biomasa, o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).a. O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares, bomba de calor, caldeira….). No caso da biomasa, o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).
  • b. O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
  • c. O custo do sistema de almacenamento do combustible.
  • d. O custo do sistema de alimentación do combustible.
  • e. O custo de montaxe e conexión.
  • f. No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubaxes, etc.
  • g. No caso de redes de distribución de calor con biomasa, o custo da rede de distribución de enerxía térmica (ata a sala de caldeira existente se se conecta a ela ou, no caso contrario, ao punto de entrada ao edificio) e, de ser o caso, o custo dos sistemas para a conexión coas salas de caldeiras existentes. A obra civil necesaria da sala de caldeiras.

 

Contía da axuda

Será do 50 % do investimento elixible da instalación coas contías máximas establecidas en cada unha das convocatorias.

En ningún caso serán subvencionables as ampliacións das instalacións fotovoltaicas asociadas á subministración eléctrica das vivendas que xa foron obxecto de axuda de INEGA en anos anteriores.

 

Solicitudes

As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

Na páxina web do Inega estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas á convocatoria de axudas.

 

Prazo de presentación para proxectos de enerxía solar fotovoltaica

Comezará o 3 de marzo, ás 9.00 horas, e finalizará o 1 de xullo de 2021.

 

Prazo de presentación de solicitudes para proxectos de enerxía renovable de uso térmico

Comezará segundo a tipoloxía do proxecto nas seguintes datas:

  • Biomasa: o 1 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
  • Biomasa: o 1 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
  • Aerotermia: o 2 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
  • Xeotermia: o 5 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
  • Solar térmica: o 5 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizara o 1 de xullo de 2021 para todas as tipoloxías de proxectos.