Subvencións da Deputación da Coruña

No BOP de hoxe publícanse os prazos para a solicitude das seguintes subvencións:
 
➡️ Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o 2021 (FO203/2021)
 
➡️ Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar inversións culturais durante o 2021 (FO204/2021)
 
➡️ Subvencións para corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato da provincia da Coruña, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o 2021 (FO213/2021)
 
➡️ Subvencións para corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato da provincia da Coruña, para a realización de inversións culturais durante o 2021 (FO214/2021)
 
O PRAZO DE SOLICITUDE PARA TODAS REMATA ÁS 14:00 HORAS DO 19 DE FEBREIRO DE 2021