Touro estrea un novo parque infantil para que os nenos e nenas do Concello poidan ‘aprender xogando’

Os nenos e nenas de Touro xa poden estrear o novo parque infantil ubicado no Campo da Festa, no centro de Fonte Díaz, capital do Concello. Alí ubícase un novo proxecto educativo impulsado pola Administración local. Fai uns días estiveron dándolle os últimos retoques para que o novo parque infantil esté xa disponible para o desfrute dos mais pequenos, sempre que o tempo o permita, nestas vacacións de Nadal que agora comenzan. Pero, en que consiste o novo parque infantil? ‘Aprendo xogando’, así se chama o proxecto no que se integra o parque que busca o desenvolvemento e o disfrute do xogo formativo por parte dos nenos e nenas de Touro. Ademáis de contar cos elementos propios dun parque infantil, este espazo introduce unha serie de paneis didácticos que pretenden formentar a coeducación, os xogos populares e de socialización. Tamén promove o coñecemento e a relevancia do propio territorio onde está ubicado o parque. De feito un dos paneis descobre os tesouros de Touro, os seus puntos de interese, que débense situar no mapa do Concello. O parque tamén inclúe un xogo de sopa de letras e de asociación. Ademáis incorpora dun xeito lúdico paneis de xogos que promoven a educación para a saúde e o coidado de medio ambiente. Dende o Concello de Touro lembran que esta iniciativa sirve para que os nenos “aprendan cando están xogando, ademáis de potenciar o cuidado do noso entorno, do medio ambiente e de aposta pola reciclaxe”. Outro gran cartel lembra as tres prioridades que hai que ter en conta para manter lonxe das nosas vidas a Covid19: mans limpas, distancia social e levar máscara. O parque contou cun presupuesto de 33.000 euros.