RECEITARIO POPULAR

A exaltación dos produtos de outono desta XII Feira da Castaña tivo un RETO moi especial para a poboación de Touro: OS DOCES CASEIROS VIRTUAIS.

Nesta edición non gozamos dos sabores compartidos desta feira gastronómica debido ás esixencias marcadas pola pandemia da COVID 19 pero grazas a participación da veciñanza liquidamos ese atranco poñendo a disposición de todas e todos as receitas dos doces para degustalos nas casas coa familia.

Agardando volver a normalidade canto antes e gozar da nosa gastronomía todos xuntos de novo, o reto Doces Caseiros achegounos dixitalmente a sabedoría máis doce das nosas cociñas.

Moitísimas grazas a todas as que compartíchedes as vosas receitas! A veciñanza que cos seus likes e me gusta apoiaron este reto e a todas as persoas que seguiron esta doce iniciativa.

Esta sabedoría popular gardaráse con moito agarimo para conformar o Receitario de Touro e para que teñades a man cada unha das aportacións culinarias desta particular feira, unidas a outras receitas recollidas no 2014, editamos esta pequena recompilación gastronómica.

Attachments:
Download this file (RECEITARIO POPULAR 2020.pdf)RECEITARIO POPULAR 2020.pdf[ ]2417 kB