DESDE O DÍA 15 DE XUÑO PODERASE SOLICITAR O INGRESO MÍNIMO VITAL

O Ingreso Mínimo Vital é unha prestación económica que garante un nivel mínimo de rendas ás persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade.
Para a determinación da situación de vulnerabilidade económica tomarase en consideración a capacidade económica da persoa solicitante beneficiaria individual ou, no seu caso, da unidade de convivencia no seu conxunto, computándose os recursos de todos os seus membros.


Para o exercicio 2020, a contía anual de renda garantida no caso dunha persoa beneficiaria individual ascende a 5.538 € e os 12.183,60 € de renda máxima para unidades familiares compostas por cinco ou máis persoas.
As persoas solicitantes terán unha idade comprendida entre os 23 e os 65 anos, residencia legal e efectiva en España de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano inmediatamente anterior á data de presentación da solicitude (con excepción neste senso para os: menores, vítimas de trata, mulleres vítimas de violencia de xénero)


Se desexa ampliar a información consultar todas as condicións de acceso a esta prestación, pode contactar cos Servizos sociais do Concello nos teléfonos:
981504000
981504029


Real Decreto-lei 20/2020, do 29 de maio, polo que se establece o ingreso mínimo vital. (BOE nº 154 do 1/6/2020)