Continúan os traballos de trampeo da vespa velutina no Concello de Touro

O trampeo para loitar contra a vespa velutina no Concello de Touro xa está mostrando nos últimos días unha baixada das capturas de raiñas e un incremento das obreiras, según informa a empresa Serpa, especializada na extinción de vespas asiáticas e contratada polo Concello de Touro para facer este traballo.
 
Na última semana Serpa capturou no concello de Touro 95 raiñas e 394 obreiras. A empresa informa que nos últimos días entregou algunha trampa máis aos veciños e segue animando a instalar trampas para combater a plaga da vespa asiática. Os técnicos advirten de tomar coidado nos traballos de limpeza e desbroce de maleza por si poideran atoparse niños primarios de vespa velutina.
 
O Concello de Touro agradece a colaboración dos veciños na colocación de trampas e valora a súa disposición para loitar contra esta plaga.