Os traballos de trampeo profesional para prevención de presencia de velutinas comenzaron o 3 de abril e continuarán durante as seguintes quincenas nas parroquias do Concello de Touro

Os traballos de trampeo profesional de prevención de presencia de velutinas no Concello de Touro comenzaron o 3 de abril de 2020 a cargo da empresa Servicios Privados Antivelutina (Serpa). As primeiras trampas recolleron as primeiras capturas e estas foron modificadas según as necesidades.

As capturas a día 20 de abril de 2020 foron un total de 623 raiñas. Asimesmo deixouse o trampeo despregado para a seguinte quincena.

Os traballos continúan co conteo de capturas e reposición de atraíntes nas quincenas sucesivas. Estes traballos farán que baixe a presión das vespas velutinas nas zonas acotadas para alonxar a posible presencia de niños perto dos núcleos de poboación nas parroquias do Concello de Touro.