DEIXA A TAPA ABERTA. Instrucións sobre os contedores de lixo no Concello de Touro

O Servizo Municipal de Recollida de Lixo deixará os contedores abertos para evitar tocar a tapa. Desde o Concello de Touro rogamos a todos/as os/as veciños/as que non pechen a tapa do contedor. En caso de atopalo pechado e que teñan que abrilo, por favor, laven as mans de seguido. O Concello de Touro pretende que toda a súa poboación tome todas as precaucións para evitar posibles contaxios, tanto entre os/as veciños/as que acoden a depositar as bolsas nos contedores como entre o persoal encargado da súa recollida. Calquera xesto, por pequeno que sexa, pode contribuír a que non nos contaxiemos ou evitemos, en función da nosa actitude, a propagación do coronavirus. O Concello de Touro agradece a colaboración de todos os seus veciños e veciñas.