Veciños de Touro e visitantes reencontráronse na ‘Feira dos Emigrantes’, que se celebrou nas rúas de Fonte Díaz

TOURO. 5 de agosto de 2019. As rúas de Fonte Díaz enchéronse durante toda a mañán de xente. O bullicio dominou a ‘Feira dos Emigrantes’. O día asollado animou a que veciños e forasterios poideran achegarse ata a capital do Concello de Touro. Os días ‘5 de agosto’ celébrase esta concurrida feira dende primeira hora da mañán e ata que comenza a tarde. O veciños e forasteiros aproveitan a cita para o reencontro, a feira sirve para que os veciños de Touro que emigraron a outras zonas de España ou de Europa en busca de traballo poidan reencontrarse. E ademáis tamén mercan e proban o tradicional ‘polvo á feira’.

Personas que residen durante todo o año en Cataluña, País Vasco, Suiza ou Alemania volven no mes de agosto ao concello coruñés ás súas casas a pasar uns días de descanso e a feira convírtese nun lugar para o reencontro. O Concello de Touro ofreceu buses aos veciños que quixeran acudir á feira. Saíron dende as parroquias ás 10.00 horas e regresaron a partir das 16.00 horas.

Ás 12.30 horas a charanga ‘Os Atrevidos’, da Estrada, animou a xornada de compras nos postos nos que se instalaron nas rúas de Fonte Díaz e nas cafeterías onde se concentraba a maior parte da xente. Para cumplir a tradición, todo aquel que se achega ata a feira tamén para nas pulpeiras para probar o polvo á feira e convidar aos amigos. O ambiente animouse especialmente a partir de hora da comida. Numerosos veciños e veciñas comeron en compañía de personas ás que non ven en todo o ano e a feria alongouse ata primeira hora da tarde.

O domingo 11 de agosto está previsto que se celebre a Festa dos Maiores de Touro, tamén en Fonte Díaz.

Prensa Concello de Touro: 679.486961.