Proxecto REDMAY (REDE DE APOIO AS PERSOAS MAIORES QUE RESIDAN NO RURAL GALEGO)

Durante os días 17, 18, 19, 20 e 21 de xuño das 10:00h. ás 13:30h. e das 16:00h. ás 18:30h., o Concello de Touro pon a disposición das persoas maiores de 55 anos un autobús que prestará os servizos gratuítos de óptica, podoloxía e detección de deterioro cognitivo. Para poder participar é preciso anotarse nos Servizos Sociais deste concello.