O espectáculo Lafayette Show de Cayetano Lledó enche de maxia a Casa de Cultura de Touro

Fonte Díaz. 10/12/2018. A tarde do pasado domingo, día 9 de decembro, estivo chea de maxia en Touro. Nenos e maiores disfrutaron do espectáculo Lafayette Show de Cayetanno Lledó na Casa de Cultura do Concello de Touro. Foi un espectáculo de maxia con comedia e humor para o público familiar. Un único artista, neste caso Cayetano Lledó, interpretou todos os personaxes que entraron en escena. Lafayette Show combinou o encanto da maxia e o ilusionismo co teatro, a comedia, a interpretación, a música, a danza, a hipnose, o mentalistmo e unha mistura de artes afíns. Touro acolleu un show pensado para todas as idades e que mostrou o lado máis espectacular e fascinante da maxia con grandes dosis de humor e teatro.