Samaín 2018

Mércores 31 de outubro, festa de Samaín: Grandes e pequenos, deste mundo ou do outro, todos teñen unha cita para gozar dunha xornada festeira en Touro. Comezará cedo, desde as cinco da tarde na Casa da Cultura, e levaranse a cabo diversas actividades para os máis cativos: obradoiros de maquillaxe e chapas, a música máis feiticeira e sorprendentes xogos. Xa postos en situación, á noitiña, os seres máis variados desfilarán polas rúas principais de Fonte Díaz, deixando pampos a propios e estraños nesta máxica velada que terminará cunha gran chocolatada.

 

Ver imaxe en tamaño completo