Un centenar de afeccionados ao ciclismo na natureza participaron na IX Ruta Río Ulla en BTT de Touro

Fonte Díaz. 03/06/18. Arredor de 100 afeccionados ao ciclismo na natureza participaron o domingo 3 de xuño na IX Ruta Río Ulla en BTT en Touro. Na saída e durante o percorrido caeron algunhas cotas de auga, que non desanimaron aos ciclistas. Os participantes situáronse puntualmente na meta, instalada diante da sede do Concello de Touro, para tomar a saída. Antes de iniciar a ruta non competitiva polas pistas orteáronse cinco fins de semana en varios establecementos hoteleiros de Touro. Os arredor de 100 ciclistas comenzaron pasadas ás 9.30 horas o percurso que os levou polas paraxes máis fermosas da comarca de Santiago, nas ribeiras do Ulla.

Os participantes percorreron 30 quilómetros por plena natureza e acompañando o curso do río Ulla ao seu paso polo Concello de Touro. A ruta, xa consolidada no calentario de probas de BTT, tiña unha calificación de dificultade técnica/física: media/alta. Os máis rápidos empregaron arredor dunha hora en completar o percorrido. Colaboraron na organización da proba a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, as Casas de Turismo Rural de Touro e a Imprenta Ayude de Arzúa. Antes da proba sorteáronse cinco fins de semana para dúas persoas nos siguentes establecementos hoteleiros do Concello de Touro: A Pena de Augasantas (Beseño), Casa Míguez (Quión), Pazo de Andeade (Andeade), Divina Pastora (Loxo) e Fogar de Ínsua (Prevediños).