A veciña de Circes (Touro) Elvira Souto Salmonte celebra o seu 101 cumpleanos

Touro. 02/05/2018. Elvira Souto Salmonte, veciña de Circes, no Concello de Touro, celebrou onte 1 de maio de 2018 o seu 101 cumpleanos rodeada de familares y veciños. Elvira Souto Salmonte naceu en Beseño (Concello de Touro) o 1 de maio de 1917. Foron moitos os familiares e veciños que onte se achegaron ata a casa de Elvira para felicitala. Ela poido soplar ben contenta as velas da tarta que lle regalaron para celebrar o seu 101 aniversario. O Concello de Touro tamén quiso participar na homenaxe e o concelleiro de Asuntos Sociais, Manuel Puga, entregoulle un ramo de flores. Elvira Souto Salmonte conta cunha boa memoria e mantense moi lúcida. Gústalle moito que lle fagan visitas. Incluso os máis próximos aseguran que cando algún veciño tarda en ir a vela xa lle está decindo que para a próxima vez que a visite non ten que tardar tanto. A súa filla, María Nieves Fuentes Souto é quen a cuida. Da gusto conversar con Elvira, comentan os que a coñecen. Lémbrase de moitas anécdotas de cando era moza. Conserva un bo oído, o que fai que as conversas con ela sexan moi amenas e agradables.