O loitador de Loxo, Damián Iglesias Vilela, concentrado e adestrando no Centro de Alto Rendemento cos deportistas de Finlandia

O deportista de Loxo (Touro), Damián Iglesias Vilela, do Club de Loita Touro, permanecerá concetrado en Kourtane (Finlandia), ata o vindeiro domingo 29 de Abril, adestrando no Centro de Alto Rendemento cos deportistas Finlandeses.

Damián Iglesias, foi convocado como sparring do deportista local, Ville Tapani Heido, como parte do adestramento deste deportista de cara o Cto. de Europa que terá lugar en Kaspisk (Dagestán, Rusia) a vindeira semana.

A proxección internacional do deportista de Loxo, que adestra no CTD Illes Balears, de Palma de Mallorca durante todo o ano, está tendo a súa recompensa en forma de convocatorias de outros países, que queren contar coa presenza do deportista Galego nas súas actividades de alto rendemento.

Agradecer a colaboración na súa formación a Federación Balear de Luchas Olímpicas, con que adestra durante todo o ano, compaxinando os adestramentos co seu traballo en Palma de Mallorca.

 

Mas info: http://www.fegaloita.es/damian-iglesias-concentrado-en-finlandia/