Touro acolle o día 5 a súa feira de Reis e o festival de Reis, que contará coa presenza das súas Maxestades de Oriente

Fonte Díaz. 03/01/2018. O próximo venres, día 5 de xaneiro, como todos os días 5 de cada mes, celébrase en Touro a feira popular e tamén o Festival de Reis. Algunhas das feiras do día 5 adícanse á celebración de festas tradicionais, como a Feira do Entroido, no mes de febreiro; a do Emigrante, en agosto; ou a da Castaña, no mes de novembro. O  día 5 de xaneiro celébrase a feira de Reis.

O Concello de Touro tamén vivirá o próximo día 5 de xaneiro o seu tradicional Festival de Reis, coa Cabalgata de Reis visitando todas as parroquias do municipio. O Festival de Reis desenvolverase no Pavillón Polideportivo Municipal, onde está instalado o Belén Vivinte. No Belén Vivinte, que ocupa case toda a pista de deportes do pavillón, participarán os máis pequenos que asumirán os papeis propios do Belén. Así mesmo no Belén Vivente haberá unha representación da Feira do día 5, onde se servirá un chocolate con churros ao rematar o festival. O Concello convida e anima a todos os veciños a participar como figurantes.

Está previsto que o día 5 de xaneiro ás 16.30 horas as súas Maxestades de Oriente saian da discoteca Dona Dana acompañados pola Banda de Musica Isabel II de Touro, que tamén interpretará varios temas durante o Festival de Reis. Os Reis Magos chegarán ao Belén Viviente ás 17.00 horas. Alí farán a ofrenda ao Neno Xesús, papel que asumirá un pequeniño de poucos meses do Concello de Touro. Sobre ás 17.30 horas comenzarán as actuacións musicais. O Festival de Reis rematará coa entrega de agasallos por parte das súas Maxestades de Oriente. E os nenos e nenas marcharán para a súas casas para esperar a que esa noite os Reis de Oriente deixen moitos regalos e bos augurios para todos.

Nadal Lúdico de Touro

Por outra banda, un grupo de nenos e nenas de Touro disfrutaron estes días de vacacións do Nadal Lúdico, unha actividade que organiza o Concello de Touro e pretende ser unha alternativa de ocio y de ocupación do tempo de lecer dos máis pequenos dun xeito máis educativo e lúdico durante as vacacións do Nadal. Esta actividade tamén permite conciliar vida familiar e laboral. O Nadal Lúdico en Touro conta co apoio da Deputación da Coruña.